Vasafua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vasafua, é un illote do Pacífico que forma parte do atol Funafuti, pertencente ao estado de Tuvalu. É unha das seis illas pertencentes á área de conservación de Funafuti, unha zona de 33 kilómetros cadrados establecida en 1996 co obxectivo de conservar a flora e a fauna.

Ao norte do illote transcorre o Te Ava Fuagea, un profundo paso de acceso á lagoa interior do Atol. Con 18,3 metros de profundidade e 160 metros de anchura separa a illa do illote de Fuafatu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]