Niutao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Niutao
Imaxe do atol
Datos
País Tuvalu
Illa principal Niutao
Linguas Tuvaluano e inglés
Poboación (2005) 663 hab.
Superficie 1´6 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 1
Coordenadas 6°06′30″S 177°20′29″E / 6.10833°S 177.34139°E / -6.10833; 177.34139
Maior Altura
Localización
Localización do atol de Niutao

Niutao é unha illa no norte de Tuvalu.

Tamén é un dos nove distritos de Tuvalu e un dos tres que consisten en soamente unha illa (sen contar os tres illotes dentro da lagoa pechada). Ten unha poboación (censo 2002) de 663 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa posúe unha forma aproximadamente dun óvalo cunha lonxitude de preto de 1.6 quilómetros. Hai dúas lagoas salobres. A máis grande ten tres illas e unha presa. Mapas máis vellos mostran que a única aldea é Tuapa (co barrio de Angafoulua). Segundo o censo 2002, pola contra, lista a aldea de Kulia (224 habitantes) e a aldea de Teava (439 habitantes).

Hai un maneapa (sala comunal), unha igrexa, unha oficina de correos, e tres pozos de auga. A uns 800 m atópase o cemiterio, e a 400 m o hospital. O hospital e a aldea están no oeste (aldea ao sur, hospital ao norte) da illa e o cemiterio na zona sur-central da illa. Hai moita vexetación de clima seco e algúns pequenos bosques de mangle. Un arrecife rodea toda a illa. Non hai trens ou aeroportos.

En 1949, dado que Niutao estaba sobre poboado parte da súa poboación emigrou cara a Niulakita que estaba deshabitada.