Vanessa Glemsel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVanessa Glemsel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Castrelos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , filóloga Editar o valor em Wikidata

AELG: 589

Vanesa Ferreira, nada en Castrelos (Vigo) en 1987, é unha creadora, docente e editora galega, máis coñecida como Vanessa Glemsel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduada en Estudos de Galego e Español na Universidade de Vigo e posgraduada en Xestión e Planificación Editorial. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Nuria Vilán Prado. Participou na creación e representación da peza de intervención escénica Campo de Batalla do Grupo F, colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba canda outras poetas (Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro e Nuria Vilán), ademais de en múltiples festivais e eventos poéticos nacionais e internacionais. Realizou traducións para o escenario e o audiovisual. Colabora na organización e produción de eventos culturais e desenvolve proxectos de edición, fundadora e directora do selo Edicións e Producións Fetiche.[1] Colaborou na organización e produción de distintos eventos culturais vencellados á arte e á cultura. Interveu como colaboradora na revista Tempos Novos. Imparte aulas lingua, cultura e literatura galega como lectora na Universidade de Estremadura, un curso de Escrita e Tradición literaria galega na escola de escrita creativa Aliteraclara, alén de diversos obradoiros de creación relacionados coa literatura e a escena.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Sutura, Urutau, 2019.[2]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Dentes para a mazá, Chan da Pólvora, 2018
  • Trobeir*s do século XXI, Chan da Pólvora, 2019

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vanessa Glemsel en Facendo libros.
  2. Sutura

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]