Valerio Flaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaValerio Flaco
Biografía
Nacementoc. 45 Editar o valor em Wikidata
Italia Editar o valor em Wikidata
Mortec. 95 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Gaio Valerio Fraco (en latín, Gaius Valerius Flaccus), nado en Setia ou Padua c. 45 e finado c. 90, foi un poeta épico latino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Compuxo as Argonáuticas, poema épico inacabado en oito libros que se descoñecía durante a Idade Media e foi descuberto nun manuscrito da abadía de Saint Gall (Suíza) en 1416. Trata sobre a viaxe dos heroes gregos coñecidos como argonautas á Cólquida na nave Argos en busca do vlaro de ouro, así como dos amores entre Xasón, líder da expedición, e Medea.

No poema, Xúpiter quéixase, no seu diálogo co sol, da viaxe que van realizar Xasón e os seus compañeiros até os dominios de Eetes, rei de Cólquide, xa que de acordo co seu proxecto de historia do mundo, chegou o momento de desempeñar o principal papel aos gregos, para despois deixarllo aos romanos.

Malia a moda neoclásica da época flavia, séguense os postulados estéticos alexandrinos e neotéricos. Hai fábulas eróticas e digresins de carácter mitolóxico e xeográfico vestidas con todas as «cores» da retórica. Lonxe da severidade moral da Eneida, a obra, concibida como imitación creadora do homónimo poema de Apolonio de Rodas, é o máis fiel expoñente dunha época xulgada como sombra dun pasado glorioso tido xa por clásico, sendo ao mesmo tempo un nítido reflexo da nova estética literaria. Bo fillo da retórica, Valerio Fraco busca en todo momento a concentración dramática e o cume do pathos, con Séneca e Lucano como referencia obrigada. O poema puido servir de inspiración a pintores renacentistas como Tiziano na súa obra Amor sacro e amor profano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]