Valentino Riroroko Tuki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaValentino Riroroko Tuki
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Illa de Pascua, Chile Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 2017 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Illa de Pascua, Chile Editar o valor em Wikidata
88º Rei da Illa de Pascua
8 de agosto de 2011 – 29 de xullo de 2017
← Moisés Tuʻu Hereveri Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo rapanui Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan Riroroko Mahute Editar o valor em Wikidata
ParentesRiro Kāinga (avó) Editar o valor em Wikidata

Valentino Riroroko Tuki, nado o 13 de febreiro de 1932, e finado o 29 de xullo de 2017, foi un aspirante ao trono Rapa Nui da Illa de Pascua. Era o neto do derradeiro rei, Riro Kāinga, quen morreu en 1899 e pertencía ao clan real Miru, descendentes do fundador e primeiro ariki mau de Rapa Nui, o lendario Hotu Matu'a.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Riroroko naceu o 13 de febreiro de 1932 na Illa de Pascua.[3] Era fillo de Juan Riroroko, o fillo máis novo de Riro Kāinga,[4][1] e Luisa Tuki.[3] Casou con Andrea Servia en 1953.[5]

Como neto máis vello do derradeiro rei de Rapa Nui, o título pertencía a Jacobo Riroroko, quen sendo meirande e encamado por unha doenza, pasoullo ao seu irmán máis novo Valentino Riroroko. Riroroko foi coroado rei o 8 de agosto de 2011, nunha cerimonia oficial ante o Concello de Rapanui en presenza do gobernador local en representación do goberno chileno.[2] O Parlamento de Rapa Nui, un organismo local non recoñecido polo goberno chileno, utilizou isto ao seu favor para tentar coaccionar tanto a Riroroko como ao goberno chileno a cumprir a súa axenda de independencia, falando moitas veces en nome do Rei sen o seu permiso.[6]

Continuando a loita dos seus devanceiros, Riroroko avanzou na posición de que a Illa de Pascua debería ser un país de seu separado de Chile.[4] Escribindo para Griffith Journal of Law & Human Dignity, Leonardo A. Crippa dixo, "aínda que a coroación de Riroroko podería verse como soamente simbólica, pode resultar fundamental para os esforzos xerais da nación rapanui por reconstruír o seu goberno e recuperar o control do seu territorio."[7]

Riroroko apareceu no documental de 2014 Treasures Decoded: Easter Island Heads, no que pide a devolución do moai Hoa Hakananai'a que se atopa no Museo Británico.[8]

Morreu o 29 de xullo de 2017 e está enterrado no territorio do clan Miru xunto a Ahu Tereruti, a plataforma cerimonial que pertence ao seu bisavó.[9] A súa muller Andrea morreu dous anos despois, en 2019.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pakarati, Cristián Moreno (2015) [2010]. Los últimos 'Ariki Mau y la evolución del poder político en Rapa Nui. p. 12. 
  2. 2,0 2,1 Romero, Simon (6 de outubro de 2012). "Slow-Burning Challenge to Chile on Easter Island". New York Times. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Birth certificate of Valentino Riroroko Tuki. Civil Registry and Identification Service of Chile. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Simonetti, Marcelo (12 de novembro de 2011). "El último Rey de la Isla de Pascua". Mapuche International. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  5. Marriage certificate of Valentino Riroroko Tuki and Andrea Servia Laharoa. Civil Registry and Identification Service of Chile. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  6. Nelson, Aaron (30 de marzo de 2012). "A Quest for Independence: Who Will Rule Easter Island's Stone Heads?". Time. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  7. Crippa, Crippa (novembro de 2014). "TE PITO TE HENUA: The Inspiring Rapa Nui Nation's Efforts to Rebuild Its Government and Regain Control of Its Territory". Griffith Journal of Law & Human Dignity 2 (2): 253. ISSN 2203-3114. Consultado o 23 de novembror de 2019. 
  8. Boersema, Jan J. (13 de abril de 2015). The Survival of Easter Island. Cambridge University Press. p. 248. ISBN 9781107027701. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  9. Death certificate of Valentino Riroroko Tuki. Civil Registry and Identification Service of Chile. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  10. Death certificate of Andrea Servia Larahoa. Civil Registry and Identification Service of Chile. Consultado o 19 de febreiro de 2021.