Ariki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pa te Pou Ariki, ariki de Takitumu de 181?? a 1855, o seu atributo de xefe (ta'iri) nunha man e a súa lanza de guerreiro na outra

O ariki é o xefe tradicional hereditario dunha tribo[1] (vaka) nas Illas Cook, traducido por fontes occidentais como soberano ou rei, está relacionado con outros xefes tradicionais da Polinesia como o ‘ariki (Illa de Pascua), aliki (Tokelau, Tuvalu), ali‘i (Samoa, Hawaii), ari'i (Illas da Sociedade) ou eiki (Tonga).

Historia[editar | editar a fonte]

Makea Karika Ariki (sentado) e nobres da tribo Makea Karika (Rarotonga).

Cada illa estaba gobernada por varios ariki, en Rarotonga había cinco ou seis, mentres que nas outras illas había normalmente tres ou un, por baixo deles estaba a nobreza menor, mataiapo e rangatira. O control sobre os membros da tribo víñalle polo seu mana, poder, que non só derivaba do seu nacemento senón tamén polas súas habilidades e status, que podía gañar ou perder, facendo que declinase o seu mana ata perder o control da tribo. Ademais o ariki tiña o control do tapu (tabú) que prohibía a realización de determinadas actividades. A conxunción da crenza no mana e o control do tapu permitíalle o control dos súbditos sen precisar uso ningún da forza [2]. En principio reservado aos homes a partir de mediados do século XIX permitiuse ao acceso ás mulleres. O título de ariki preservouse ata a actualidade, e as súas cerimonias e tradicións aínda se practican con vigor no arquipélago e manteñen un lugar importante na vida social insular, e unha certa influencia política que se manifesta na Cámara dos Ariki (Are Ariki), unha segunda cámara do parlamento con poder limitado establecida en 1967 e composta polos arikis

Arikis[editar | editar a fonte]

Rarotonga[editar | editar a fonte]

Rarotonga subdivídese en tres "vaka" (Tribos) aos que corresponden 6 ariki.

Título Titular actual Tribo
Pa Ariki Pa Tepaeru Teariki Upokotini Marie Ariki
Presidente da Cámara dos Ariki de 1992 a 2002
Takitumu
Kainuku Ariki Kainuku Kapiriterangi Ariki Takitumu
Makea Nui Ariki título vacantes desde 1994, con varias liñas en disputa Teauotonga
Makea Karika Ariki Makea Karika Margaret Ariki Teauotonga
Makea Vakatini Ariki Makea Vakatini Joseph Ariki Teauotonga
Tinomana Ariki Tinomana Ruta Tuoro Ariki Puaikura

Ngaputoru[editar | editar a fonte]

Historicamente tres xefaturas (os Ngati Te Akatauira, los Ngati Nurau e os Ngati Paruarangi) gobernaban as illas de Atiu, Mauke, Mitiaro e Takutea designadas coa apelación xenérica de Ngaputoru, cada un dos xefes de Atiu era ariki, mentres que os xefes das outras illas eran representantes destes)[3], pero hoxe están considerados ariki por dereito propio.

Atiu[editar | editar a fonte]

Título Titular actual Tribo
Ngamaru ariki Henry Ngamaru Ariki Ngati Te Akatauira
Rongomatane ariki Rongomatane Ada Teaupurepure Tetupu Ariki.
Presidente da Cámara dos Ariki de 2006 a 2008
Ngati Paruarangi
Parua ariki Mataio Kea Ariki Ngati Nurau

Mitiaro[editar | editar a fonte]

Título Titular actual Tribo
Te Maeu o te Angi Temaeu Teikamata Mii Ariki Ngati Te Akatauira
Tava Tetava Poitirere Ariki Ngati Paruarangi
Tou Tou Travel Ariki
Presidente da Cámara dos Ariki de 2002 a 2006 e de novo desde decembro de 2008
Ngati Nurau

Mauke[editar | editar a fonte]

Título Titular actual Tribo
Te Au Te Au Marae Ngati Te Akatauira
Tararo Tararo Temaeva Ariki Ngati Paruarangi
Tamuera ??? Ngati Nurau

Aitutaki[editar | editar a fonte]

As catro xefatura proveñen dunha migración de Ruatapu pola liña de Marouna

Título Titular actual Tribo
Vaeruarangi Ariki Vaeruarangi Teaukura Ariki
Teurukura Ariki Título vacante
Manarangi Ariki Manarangi Tutai Ariki
Tamatoa Ariki Tamatoa Purua Ariki

Mangaia[editar | editar a fonte]

Título Titular actual Tribo
Numangatini ariki Numangatini Nooroa Ariki Nga Ariki

Manihiki e Rakahanga[editar | editar a fonte]

Dúas illas separadas por trinta quilómetros que están constituídas por catro tribos e dous ariki.

Título Titular actual Tribo(s)
Te Faingaitu Ariki Vacante, en disputa por varias liñas Heahiro ; Mokopuwai
Te Fakaheo Ariki Te Fakaheo Trainee Ariki Numatua ; Tiangarotonga

Pukapuka[editar | editar a fonte]

Título Titular actual Tribo
Tetio Kaitara Pakitonga Ariki Pukapuka

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que en Rarotonga unha tribo pode ter dous arikis
  2. Errol Hunt & Nancy Keller Rarotonga & the Cook Islands, p.10
  3. Ngatupuna Kautaie outros Atiu: an island community, p. 32