Usuario:Fryant/Proposta de criterios para Artigos Destacados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na miña opinión, e tamén suxerida por Lmbuga na miña páxina de discusión, fan falla uns criterios mínimos para establecer qué é un artigo destacado, os criterios de elección e promoción ó status de destacado, e os criterios de publicación na Portada. Iso como mínimo.

Polo tanto, resérvome esta páxina para elaborar uns criterios mínimos nos que calquera colaboración, aportación ou suxerencia será benvida. Cando os remate, presentareillos á Comunidade da Galipedia, a ver se lles gustan.

Comezo por enumerar os criterios das Wikipedias da Península excepto o euskara que non o entendo, para despois amosar os da Wikipedia Inglesa, comparalos e finalmente rematarei dando unha proposición de criterios na Galipedia.


Wikipedias peninsulares[editar | editar a fonte]

Español[editar | editar a fonte]

Que é un artigo destacado?[editar | editar a fonte]

Procedimentos[editar | editar a fonte]

Mecanismos de publicación na Portada[editar | editar a fonte]

Portugués[editar | editar a fonte]

Escolla do artigo destacado[editar | editar a fonte]

Dereito ó voto[editar | editar a fonte]

Catalán[editar | editar a fonte]

ca:Viquipèdia:Avaluació d'articles[editar | editar a fonte]

ca:Viquipèdia:Proposta de distinció d'alta qualitat d'un article[editar | editar a fonte]

ca:Viquipèdia:Què és un article de qualitat[editar | editar a fonte]

Asturiano[editar | editar a fonte]

Artigos destacados[editar | editar a fonte]

Aragonés[editar | editar a fonte]

Non existe o artigo destacado, polo tanto non hai criterios.

Inglés[editar | editar a fonte]

Qué é un artigo destacado?[editar | editar a fonte]

en:Wikipedia:Featured article advice[editar | editar a fonte]

Featured articles[editar | editar a fonte]

featured article candidates[editar | editar a fonte]

A miña proposición[editar | editar a fonte]

Introdución[editar | editar a fonte]

A Galipedia xa é unha das referencias na Internet á hora de procurar información en galego sobre moitísimos temas. Pero moitos dos nosos artigos están aínda por ter uns contidos suficientes para consideralos como artigos destacados, así que cómpre ter os mellores artigos, aqueles que xa non é preciso tocalos agás ocasións moi especiais, nunha lista que os identifique. Tamén debería aprobarse un sistema de votación axeitado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estos criterios serven tanto para os artigos destacados en xeral como para os artigos destacados sobre Galiza. A única distinción entre estes será a súa colocación na Portada, que será por estricta orde de elección.
  2. Deberianse someter os artigos que xa apareceron na Portada a estas normas nunha nova votación.
  3. Sería preciso muda-lo contido actual da páxina Wikipedia:Artigo Destacado por User:Albert_galiza/Exemplo artigos destacados. Como visión persoal, eliminaría a sección de derradeiros artigos destacados deste deseño, é redundante tendo en conta que aparece unha listaxe embaixo. Tamén sería preciso move-los templates User:Albert galiza/Template:Destacado a Template:Destacado e User:Albert galiza/Template:Artigo destacado a Template:ArtigoDestacado.
  4. Debería haber unha páxina por cada unha das vindeiras subseccións chamadas como a súa cabeceira.
  5. Trala aprobación destos criterios e normas, pasariase a amosar unha estreliña na esquina superior dereita de cada artigo destacado.
  6. En canto se aproben estes criterios, sería preciso iniciar inmediatamente coa selección do Director de Artigos Destacados.

Wikipedia:Que é un artigo destacado?[editar | editar a fonte]

Os artigos destacados son aqueles seleccionados pola comunidade como os mellores artigos producidos na Galipedia. Asemade, deben cumprir uns criterios básicos aprobados por toda a comunidade, e, por suposto, os tres pilares básicos da Wikipedia: un punto de vista neutral, que as súas fontes podan ser consultadas, e que non sexa investigación orixinal, é dicir, que se basee en fontes primarias pero que o artigo non sexa unha. Os criterios básicos son:

  1. Está ben escrito, é completo, fiábel, neutral e estábel.
    • Ben escrito significa que a forma de redacción é entendíbel, cunha boa prosa, ben estruturado e evitando as repeticións, os castelanismos, as formas dialectáis e, por suposto, seguindo a normativa e as opcións preferidas pola RAG en caso de duplicidade na forma escrita dunha palabra.
    • Completo significa que están recollidos tódolos feitos e detalles importantes que incumben o artigo sen excepción.
    • Fiábel significa que debe estar en todo momento documentado e con fontes e referencias que se poidan consultar. Asemade, tódalas afirmacións que poidan poñerse en dúbida deben estar referenciadas na sección de fontes do artigo. As citas recollidas tamén deben estar referenciadas.
    • Neutral significa que o artigo debe estar escrito dun xeito no que non se tome partido por ningún punto de vista. Tódos deben de estar presentes, e, por suposto, referenciados.
    • Estábel significa que o artigo non estea constantemente no punto de mira de guerras de edicións, e que o contido do artigo non mude con facilidade cada pouco tempo.
  2. Cumpre co libro de estilo da Galipedia. Isto inclúe:
    • Ten unha sección inicial concisa que serva como introdución o tema do artigo e prepare ó lector para entrar en detalle en vindeiras seccións.
    • Un sistema de encabezamentos xerárquicos ben estruturado.
    • Un índice de contidos substancial pero non desmesurado.
    • Unha maquetación e presentación que axude a que o artigo se entenda con claridade.
  3. Ten imaxes se o tema pode ilustrarse con imaxes con licenzas compatíbeis coas políticas da Galipedia.
  4. É dunha lonxitude aceptábel, centrándose no tema principal sen entrar en detalles innecesarios.

Wikipedia:Escolla de artigos destacados[editar | editar a fonte]

Esta estrela, cunha punta rota, simboliza os candidatos a artigos destacados na Galipedia.
Esta estrela, cunha punta rota, simboliza os candidatos a artigos destacados na Galipedia.
Aquí decidimos que artigos poden entrar na categoría Wikipedia:Artigo Destacado. Un artigo destacado debe exemplificar o mellor traballo da Galipedia cumprindo os criterios sobre artigos destacados.

O que propoña un artigo destacado ten que facer un esforzo para asumir obxeccións. Se traballaste no artículo que estas a propoñer, marcao como "auto-nomeación". Por favor, non propoñas máis dun artigo ó mesmo tempo, xa que pode facer dificil un correcto xuízo sobre cada uno. Por favor, responde axeitadamente ás críticas e a aqueles que as fan.

Para que o artigo consiga o seu status de destacado, debe ser acadado un consenso sobre o cumprimento dos criterios. Este consenso constrúese a partires dos que propoñen e dos que votan, e o Director de Artigos Destacados (en elección) determina cando o hai. Se, após un mes, as obxeccións consideradas importantes polo Director de Artigos Destacados non foron resolvidas ou non se acaou o consenso para a promoción do artigo, a nomeación quitarase da lista e arquivarase. O Director de Artigos Destacados será quen leve o tempo da proposta, de actualiza-la lista de artigos destacados e de poñe-lo template {{Destacado}} na páxina de discusión dos artigos e a estreliña na esquina superior dereita mediante o template {{ArtigoDestacado}}.


Procedemento de nomeación

  1. Mira os criterios para artigos destacados e asegúrate de que o artigo os cumpre todos antes de propoñelos.
  2. Se o artigo que estás a propoñes xa foi un candidato para artigo destacado que aínda non foi arquivada, usa o botón 'Mover para arquiva-la discusión previa. Por exemplo Wikipedia:Escolla de artigos destacados/TelevisiónWikipedia:Escolla de artigos destacados/Televisión/arquivo1. Liga as nomeacións a artigo destacado previas na nova proposta.
  3. Coloca {{CAD}} na páxina de discusión do artigo.
  4. Dende alí, preme na ligazón "deixar comentarios"
  5. Coloca ====A prol==== no comezo, seguido de ===Na contra===<br><br>===[[nome do artigo proposto]]===<br><br>===Comentarios===
  6. Debaixo deste título, escribe a túa razón para propoñelo, a data e asina con with ~~~~.
  7. Copia este texto:{{Wikipedia:Escolla de artigos destacados/nome do artigo candidato}}, despois edita esta páxina, pegando o template no alto da lista de propostas. Troca nome do artigo destacado polo nome do artigo que estas a propoñer.


Votando a prol ou na contra

Por favor, le o artigo proposto completamente antes de decidir o teu voto na nomeación.

  • Para responder a unha proposta, preme na ligazón "Editar" á dereita da nomeación do artigo (non o "Editar" da parte superior da páxina.
  • Se estás a prol dunha proposta, escribe {{concordo}} na sección correspondente. Se fuches un editor importante na redacción actual do artigo indícao.
  • Se estás na contra dunha proposta, escribe {{discordo}} na sección correspondente, deixando unha argumentación razoada do teu voto na sección de comentarios.
  • Se cambias o teu voto de sentido, táchao con <del>...</del>. Asemade, cando alguén que ten obxección á proposta considere que estas foron satisfeitas, que non as borre, que as tache.
  • Para da-la túa opinión sen poñerte específicamente a prol ou na contra, escribe {{Comentario}}na parte adecuada seguido do teu comentario.

Template:CAD[editar | editar a fonte]

Este artigo é actualmente un candidato a destacado. Un artículo destacado debe servir como demostración dos mellores traballos da Galipedia, e polo tanto agárdase que cumpra varios criterios. Por favor, se queres, deixa comentarios.