Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estatutos de A3GAL

Esta é a carta que se vai enviar a Openbank para preguntar sobre a forma de engadir firma dobre para as operacións dos apoderados.

Correo[editar | editar a fonte]

Ola, Openbank:

Despois de comentar as condicións da súa conta xurídica co resto de socios temos unha dúbida. No correo que me enviaron indican que os apoderados "deben poder operar solidariamente". Queremos saber se é posible poñer unha condición ás operacións dos apoderados para que sexan requiridas como mínimo dúas firmas de apoderados para realizar en firme a operación. Teñan en conta que precisamos esta utilidade para garantir a transparencia da xestión da conta de cara a tódolos asociados.

Se non é posible, queremos saber se podería poñerse algún tipo de control ás operacións dos apoderados ou que tipo de alertas se poden engadir para asegurar o control da conta, e se habería algún tipo de comisión ou gasto polo uso destes servizos.

Saúdos, Elisardojm

Comentarios[editar | editar a fonte]

  • Explicación de firma solidaria e firma mancomunada
  • Comentario Sobre este tema do "deber poder operar solidariamente.", se non é posible engadir unha firma dobre eu diría de cambiar os estatutos para que non sexa necesaria a dobre firma, e explícome:
    • As condicións que nos dea Openbank van ser semellantes ó resto de bancos, se eles non teñen a opción de dobre firma, os outros tampouco a van ter.
    • A alternativa sería pasarse a un banco físico, pero isto para min é unha gran desvantaxe, ter que ir a un banco, que abre só pola mañá, hai colas, perdes unha chea de tempo...
    • Eu penso que é posible poñer alertas nas operacións das contas para que cando haxa algún tipo de movemento se notifique automaticamente ó resto de apoderados, é certo que non hai impedimento ás operacións, pero polo menos hai un control. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 09:28 (UTC)
  • Comment: Xa hai moitos bancos (Abanca, por exemplo) onde se poden facer as xestións en liña, mesmo dende móbil. Moi cómodo. Por suposto, iso permite manter o control do que se fixo e mesmo anular. De feito, agora me lembro de que eu teño que facer unha e vouna xestionar agora mesmo. ※ Sobreira ►〓 parlez 12 de outubro de 2018 ás 12:30 (UTC)
Pero Sobreira, ese non é o problema, iso tamén cho fai Openbank, o problema é que calquera dos titulares da conta poden dispoñer en calquera momento dos fondos da conta sen impedimento ningún. A pregunta é, hai algún banco que teña firma mancomunada dixital? Porque se non o hai entón xa non hai que facer, e habería que decidir se cambiar os estatutos ou facer unha conta tradicional, nun banco tradicional, con procesos tradicionais e tal e tal.
Na conta de titularidade solidaria, rara manter un certo control, habería que saber que tipo de alarmas se poden engadir a esa conta de internet, se mandan correos automáticos a tódolos titulares das operacións de cargo, aínda que non se tería unha firma dobre, polo menos tódolos apoderados terían un aviso no momento de que se realizara calquera operación de cargo na conta, polo que a conta estaría controlada (estaría controlada, pero non evitaría que se fixeran as operacións, só serviría para detectalas, despois de detectar un cargo non aceptado habería que revisar o que pasou e, de ser necesario, solucionalo). Se non se pode ter unha conta con firma dixital mancomunada habería que decidir se nos chega con un sistema de avisos, e se deberíamos modificar os estatutos para que se axeiten á realidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 14:13 (UTC)
Coido que o problema para a sinatura dixital é técnico, e de difícil solución. Como xa opinei noutro lugar, poderíase cambiar esa condición na asociación, como propón Elisardo, pero esperaría antes a saber a resposta de Openbank para ver se realmente é algo técnico co que nos imos atopar en calquera banco ou algo de Openbank, superable noutras contas. E é que considero que ser flexible é bo, pero pasar polo aro para ter unhas condicións determinadas hai que pensalo moito.Agremon(contacto) 12 de outubro de 2018 ás 15:54 (UTC)

Resposta[editar | editar a fonte]

Buenas tardes Elisardo,

Indicarte que en Openbank, cada apoderado tiene sus propias claves y puede operar sin necesidad de comunicarselo al resto de intervinientes.

Todos los apoderados de la cuenta puedes acceder de forma online y visualizar los movimientos de la cuenta en el momento en el que se producen las operaciones.

De todas formas, si hay algo que no te queda claro, no dudes en volver a escribirnos para preguntarnos en detalle. Estaremos encantados de atenderte.

¡Que tengas un día estupendo!

Comentarios e accións a tomar[editar | editar a fonte]

  • Comentario Imaxinaba que responderían algo polo estilo, non sei se haberá algunha conta de internete que permita a firma mancomunada dixital.
Se non se atopa unha conta que permita isto eu propoño que se elimine esa parte dos estatutos, é certo que é un sistema de seguridade, pero eu penso que coas alertas que se poden poñer na conta, o control está asegurado. A maiores, no modelo de estatutos da Xunta, este, non atopei ningunha referencia a esta necesidade polo que entendo que non é unha obriga. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 12:50 (UTC)
Nos estatutos de Wikimedia España, aquí, tampouco se indica nada da necesidade dunha dobre firma. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 16:25 (UTC)
Por min non hai problema en modificar. ※ Sobreira ►〓 parlez 19 de outubro de 2018 ás 11:05 (UTC)
Por min, tampouco. Pero, como dixen máis arriba, aínda non está determinado que sexa algo de natureza técnica e non de política de contrtatos. Agremon(contacto) 19 de outubro de 2018 ás 16:24 (UTC)

Información doutros bancos[editar | editar a fonte]

Atopamos información de dous bancos que si permiten firma mancomunada por banca electrónica, co cal non habería que cambiar nada dos estatutos.

Triodos Bank[editar | editar a fonte]

Consultando cos compañeiros de Wikimedia España, comentáronnos que eles teñen conta en Triodos Bank. Resulta que Triodos si ten firma mancomunada na banca electrónica, polo que as operacións que se realizan teñen que ser verificadas por dúas persoas antes de facerse en firme. O que non me puideron detallar foron os gastos e comisións que lles cobran, hai que chamar a Triodos para informarse.

Mandei un correo ós de Triodos e respondéronme o correo de abaixo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 20:14 (UTC)
"Estimados señores:
Les agradecemos su interés por Triodos Bank. A continuación les adjuntamos la información y formularios necesarios para empezar a trabajar con nosotros:
La Cuenta Corriente Corporativa* es la cuenta corriente que le permite gestionar la tesorería y los cobros y pagos de su empresa u organización por tan solo 3€ al mes.
La Cuenta Triodos Empresa es una cuenta de ahorro responsable con total disponibilidad.
  • Consulte nuestro Tablón de anuncios.
Para hacer ingresos:
Transferencias desde otra entidad
Dando la orden de ingreso periódico desde Triodos Bank
Ingreso de Cheques
Ingreso de efectivo en Cajeros Triodos con las tarjetas de débito o crédito Triodos
Ingreso de efectivo por giro desde oficinas de Correos
Para disponer de dinero:
Talonario, se envía al cliente si este lo solicita
Las transferencias dentro de la zona euro son gratuitas las 5 primeras de cada mes y a partir de la sexta el coste de las posteriores es de 1€
Las transferencias internacionales tienen un coste de 0,5% del importe con un mínimo de 30€, no existe cobro por tipo de cambio, se aplica el valor de la divisa de los dos días posteriores
(*Consultar libro de tarifas)
Servicios:
Tarjeta débito Triodos: Con una cuota de mantenimiento anual de 24€. Sin comisión por disposiciones a débito en los cajeros Triodos y en más de 8.500 cajeros en España
Tarjeta Crédito Triodos. Con una cuota de mantenimiento anual de 34€.
Servicio de gestión de cobro Norma 19, para emisión de recibos domiciliados*
Servicio de Norma 34 para pagos masivos*
Servicio TPV Triodos ADSL/RTC, GPRS o virtual para su negocio online
  • Los costes de los servicios se calculan en función del nº de recibos o transferencias, importe aproximado y periodicidad de los mismos."

Abanca[editar | editar a fonte]

Tamén preguntamos en Abanca e, sorprendentemente, na súa conta de empresas, que sería a que tería que contratar a asociación, tamén teñen firma mancomunada na banca electrónica. Neste caso as comisións serían de 30 euros ó semestre pero é posible que estes gastos se poidan eliminar por ser a conta dunha entidade sen ánimo de lucro, e 3 euros por transferencia a través de banca electrónica. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 16:24 (UTC)

Resumo[editar | editar a fonte]

Polo que eu entendo:

  • Openbank ten mantemento gratuíto e transferencias gratuítas, o problema é que non ten firma mancomunada.
  • Abanca pode facernos unha conta sen gastos, ou polo menos na que nolos devolven, e logo as transferencias serían a 3 leuros. Outra vantaxe de Abanca é que ten oficinas físicas e iso pode facilitar algúns trámites, de ser necesario.
  • Triodos cóbranos 3 euros ó mes de mantemento, e logo as 5 primeiras transferencias son gratis, cobrando 1 euro a partir de aí.

Así que agora hai que decidir, cada un que vote pola opción que prefire/lle parece mellor, a opción con máis votos será a escollida. Creo que en toda a finde tedes tempo para votar, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 20:31 (UTC)

E lembrade, unha persoa, un voto :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2018 ás 09:55 (UTC)
banco sinatura mancomunada mantemento anual transferencias
O non 0 0
A si? posiblemente 0 3
T si? 3x12 0+0+0+0+0+1+...

Facer conta en Openbank[editar | editar a fonte]

  • Concordo Gústame a idea dunha opción orientada á rede e o máis económica posible. Se non dan bo soporte para os trámites sempre se está a tempo de marchar para Abanca. --Oliveira (conversa) 28 de outubro de 2018 ás 18:21 (UTC)
  • Concordo Opino que canto máis gratis dende fóra mellor. Inda que teñamos que cambiar Esttt (e aproveitamos para IrGa-rmonos). Open sabe que ten a xente por ser gratis, e que se o cancelan a xente marcha. E interésalle (que viven de ter os cartos dos demais). E se o cambian, cambiamos. Que só a manexe o tesoureiro e punto, contando coa opinión expresa fehaciente. Despois en todo caso responsabilidades. ※ Sobreira ►〓 parlez 1 de novembro de 2018 ás 15:52 (UTC)
  • Concordo Ainda que non estiven ao tanto do asunto máis que a medias polo wass permítome opinar. Penso que é mellor reducir gastos, e o problema da xestión na rede non debería causar problemas a ninguen. E sempre se pode cambiar, de feito creo que pasará como coas telefónicas, que nos farán ir daiquí para acolá, coma se non fosen os mesmos. E a firma???? ~~ Viascos

Facer conta en Abanca[editar | editar a fonte]

  • Concordo Ter unha rede de oficinas por tódalas cidades facilitará os trámites. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 20:31 (UTC)
  • Concordo Por razóns de idade, estou máis tranquilo na banca tradicional, que facilitará a apertura, os cobros e os pagos. Pero que conste que a vantaxe de CERO euros de mantemento non ten garantías de futuro. Hoxe non o teremos que pagar, pero mañá vai ti saber. Pedro Lameiro (¿Onde demos foi parar o botón da sinatura?) 29 de outubro de 2018, ás 22.06, hora española
Lameiro, iso é común a tódalas entidades, o de gratis que che dan hoxe os de Openbank poden comezar a cobrarcho nuns meses, o único que teñen que facer é avisarche con X días de antelación, así que nese senso son todos iguais. (Tes razón que agora non sae o botón de asinar, eu agora uso os caracteres que están debaixo da caixa de edición, pero habería que mirar como amañar isto...) Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2018 ás 09:15 (UTC)
  • Concordo Por conservadurismo, opino que podemos arrincar aquí polas razóns que dá Pedro. É necesario comezar, sempre estamos a tempo de atopar/negociar mellores condicións despois, neste ou noutro banco. O importante é botar a andar o choio. Servando2 (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 21:49.

Facer conta en Triodos[editar | editar a fonte]

Neutros[editar | editar a fonte]

  • Neutro sigo a pensar que non hai por que cambiar a sinaturas individuais cando decidiramos outra cousa, mais hai que dar algunha solución.Agremon(contacto) 27 de outubro de 2018 ás 07:53 (UTC)
  • Neutro sumo o meu voto á opción preferida pola comunidade. --Xabier Cid

Resultado da escolla de conta[editar | editar a fonte]

Boas a todos, dado o tempo transcorrido, abondo para que todos os que quixeron participaran na consulta, e ante o empate polas opcións de OpenBank e Triodos, non me queda máis remedio que desempatar para poder seguir avanzando. Penso que pode facilitar as cousas ter a conta en Abanca, por ter a posibilidade de que a xente poida achegarse a unha oficina en caso de precisalo, por permitir a dobre firma co que se asegura un pouco máis de control da conta, e porque así non hai dúbidas coa aplicación dos estatutos.

A maiores hai que ter en conta que esta non é unha escolla para toda a vida, se nalgún momento temos problemas con este banco, podemos cambiar a outro sen maior problema.

Agora que xa temos claro onde facer este trámite, temos que rexistrar os estatutos na Xunta. Será o seguinte paso dos varios que hai que seguir dando para poder comezar a facer actividades. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 14:12 (UTC)

Coido que outro resultado é que os que aínda non ingresamos cota algunha temos (termos cando saibamos o nº de conta) onde ingresala. Agremon(contacto) 18 de novembro de 2018 ás 18:49 (UTC)

Si Agremon..., aínda que polo momento non se indicou a cota que se vai a ingresar, esa é outra cousa que hai que debater. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 19:51 (UTC)
Referíame xa non a cota 2019, senón a que hai xente que si puxo cartos de inicio, e coido que deberamos igualar.Agremon(contacto) 20 de novembro de 2018 ás 11:14 (UTC)
Fico obrigado Elisardo!, sen termos máis datos nen dotes adiviñatorias, as dúas escollas eran razoables. --Oliveira (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 23:39 (UTC)