Triodos Bank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°5′22.84″N 5°13′35.75″E / 52.0896778°N 5.2265972°E / 52.0896778; 5.2265972

Triodos Bank
Triodos Zeist B.jpg
Triodos Bank en Zeist
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1980
Matriz Nieuweroordweg 1,
PO Box 55 3700 AB Zeist,
Países Baixos Países Baixos
52°5′22.84″N 5°13′35.75″E / 52.0896778°N 5.2265972°E / 52.0896778; 5.2265972
Persoas clave Peter Blom (Presidente), Esteban Barroso (Director en España)
Industria Banca
Número de empregados 720 (2011)[1]
Páxina web triodos.es

Triodos Bank é unha entidade de crédito chamada ética fundada en Holanda en 1980. O nome "Tri Hodos" (en grego), da anfroposofía baseada en tres camiños: persoas, planeta e beneficio. Na actualidade Triodos Bank está presente en Bélxica, Reino Unido, España e Alemaña. Ademais, opera noutros lugares de Europa, América Latina, Asia e África. Triodos Bank forma parte da Alianza Mundial por unha Banca con Valores, que agrupa a 20 entidades de banca ética a nivel internacional.[2]


Historia de Triodos Bank[editar | editar a fonte]

Oficina de Triodos Bank na Coruña.

A súa aparición como banco veu despois da creación da Fundación Triodos en 1971 como canalizadora de doazóns e préstamos a empresas ata o momento excluídas do sistema financeiro . Os seus fundadores (Adriaan Deking Dura, economista, Dieter Brüll, catedrático de dereito fiscal; Lex Bos, asesor de organización e Rudolf Mees, banqueiro) inspiráronse no pensamento económico do filósofo Rudolf Steiner, fundador da Antroposofia, basado na triformación social (ou pensamento intuitivo), ao igual que outras institucións de banca ética como GLS Bank, Merkur Bank e La Nef. Así se reflectiu nos estatutos orixinais da entidade ata 1999. Triodos foi crecendo e ampliando o seu enfoque orixinal. Trala súa apertura como entidade de crédito, en 1980, en Paises Baixos, Triodos Bank está presente actualmente tamén en Bélxica, Reino Unido, España e Alemaña.

Resultados económicos[editar | editar a fonte]

Triodos Bank tivo un crecemento estable durante os últimos anos[3][4]. O banco ten abertas oficinas en diversas cidades de España.


Ano 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012[5]
Patrimonio total xestionado (millóns de €) 1.823 2.302 2.821 3.314 3.741 4.861 5.617 6.786 8.000
Beneficio Neto (millóns de €) 3,6 5,3 6,1 9,0 10,1 9,5 11,5 17,3 22,6
Número de empregados 264 301 349 397 477 576 636 720 -

En 2012, acadou un total de 437.000 clientes en Europa, 105.000 deles en España[6].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Ano 2012. Premio empresa social e ambientalmente responsable outorgado pola plataforma “Madera Justa”[7]
  • Premio "100 mellores ideas do ano" que entrega a revista Actualidad económica, na categoría de finanzas pola súa ferramenta online "Historias de una Banca transparente" que permite situar nun mapa interactivo todas as iniciativas que contaron co financiamento do banco e coñecer as historias que hai detrás da man dos seus protagonistas.[8]
  • Ano 2010. Premio FSC International patner Awards. [9]
  • Ano 2010. Premios verdes para o fomento da Alimentación Intelixente da Fundación José Navarro14 [10]
  • Ano 2010 Premio da Asociación para a Defensa da Natureza e dos Recursos de Extremadura (ADENEX) de 2009[11]
  • Ano 2010. Premio da Confederación Nacional de Centros Especiasis de Emprego. [12]
  • Ano 2010. Premio CANF de Ouro na categoría de empresas CANF-COCEMFE Andalucía. [13]
  • Ano 2009. Premio Financial Times ao Banco Sostible do ano 2009. [14]
  • Ano 2009. Premio da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE) do 2008[Cómpre referencia].

Polémicas[editar | editar a fonte]

Aínda que Triodos se define como banca ética existen críticas tanto á xestión interna como á imaxe que proxecta. A selección de proxectos a financiar ten creado polémica ao estar baseado nalgúns casos en entidades e organizacións promovidas por membros vinculados á antroposofía[15]. Aínda que o caso máis polémico é o da Fundación Internacional O´Belen de centros de acollida de menores acusada de diversas carencias no seu funcionamento interno[16]. Críticas ás que Triodos Bank respondeu puntualizando que a súa relación con O´Belén é debido a un préstamo anterior ás acusacións[17].


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triodos Bank Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]