Upis ceramboides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Upis ceramboides é unha especie de escaravello da familia dos tenebriónidos. É un dos insectos que viven na madeira que se benefician dos incendios forestais. Aparece amiúdo en grandes cantidades baixo a codia de bidueiros danados polo lume, pero ás veces pode verse noutras árbores de folla caduca como o salgueiro e o álamo tremo. As larvas prosperan na codia interior que é rica en micelios de fungos e no sámago. Desenvólvense orixinando pupas durante os meses de verán baixo a codia e seguen desenvolvéndose durante dous ou tres anos. Reprodúcense en primavera.

Nos últimos anos foi desaparecendo de Suecia e agora só se encontra localmente na costa de Norrland (Västerbotten e Norrbotten) así como no Canadá e Alasca.[1] A razón do declive desta especie é probablemente a falta de bosques de bidueiros danados polo lume e as modernas prácticas de silvicultura. Upis ceramboides considérase "vulnerable" en canto á súa supervivencia.[2][3][4]

A supervivencia da especie a temperaturas moi por debaixo do punto de conxelación atribúese a que posúe xilomananos, que son moléculas anticonxelantes non proteicas feitas de polisacáridos e ácidos graxos,[5][6][7] así como o azucre-alcohol treitol.[8]

Notas[editar | editar a fonte]