Unitat d'Aran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unitat d'Aran
Partido político do Val de Arán
Dirixentes e organización
LíderFrancés Boya Alòs
Historia
Fundación1980
Posicións políticas
IdeoloxíaProgresismo
Nacionalismo aranés
Municipalismo
Representación
Conselleiros no Consello Xeral de Arán
9 / 13
Concelleiros no Val de Arán
32 / 59
Outros datos
Na rede
unitatdaran.org
Facebook: UnitatAran Twitter: unitatdaran Flickr: 62699542@N08 Editar o valor em Wikidata

Unitat d'Aran (UA, en galego: Unidade de Arán) é un partido político do Val de Arán, na provincia de Lleida, fundado en 1980. É, xunto con Convergéncia Democratica Aranesa, un dos principais partidos que compiten nas eleccións ao Consello Xeral de Arán.

Defínese como progresista, autonomista, municipalista, aranesista e defensor dos dereitos do Val de Arán como unidade diferenciada de Cataluña cultural e lingüisticamente. O seu secretario xeral é Francés Boya Alòs e preséntase ás eleccións ao Consello Xeral de Arán aliado co Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Consello Xeral de Arán[editar | editar a fonte]

Ano Candidato Votos % de votos Escanos
1991 Emilio Medan Ane 1.478 38,67% 6
1995 Emilio Medan Ane 1.311 29,75% 4
1999 Emilio Medan Ane 1.311 29,75% 2
2003 Francés Boya Alòs 1.895 39,14% 5
2007 Francés Boya Alòs 2.198 46,13% 6
2011 Francés Boya Alòs 1.965 41,13% 5
2015 Francés Boya Alòs 2.193 45,66% 6

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]