Unión para o Mediterráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 
Situación de Unión Europea
 
Sede adm. Barcelona
Forma de goberno Unión para a colaboración e o desenvolvemento
Co-presidente
Co-presidente
Exipto Exipto
Francia Francia
Fundación 13 de xullo de 2008
Membros
 • Observadores
Superficie
 • Total

12.358.770 km²
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 3º
756.000.000
61,17 hab/km²

A Unión para o Mediterráneo, coñecida oficialmente polo seu nome completo de: Proceso de Barcelona: Unión polo Mediterráneo (BP:UfM)[1] e previamente coñecida como Unión Mediterránea, é un organismo fundado o 13 de xullo de 2008 polo Presidente de Francia Nicolas Sarkozy.[2] É unha nova formulación da "Asociación do Euromediterráneo" (dende 1995) ou "Proceso de Barcelona".

A Unión para o Mediterráneo xurde dun programa de colaboración e desenvolvemento de relacións internacionais que agrupa a 43 países e a máis de 756 millóns de cidadáns de todos os Estados membros da Unión Europea e Estados norteafricanos e de Oriente Medio do ámbito mediterráneo, membros á súa vez da Liga Árabe, incluíndo particularmente ao Estado de Israel. A UPM organízase ao redor dunha Secretaría Xeral e cinco Vicesecretarías, sendo a cidade de Barcelona a súa sede designada.

Notas[editar | editar a fonte]