Unha habitación con vistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha habitación con vistas
Ficha técnica
Título orixinalA Room with a View
DirectorJames Ivory
ProdutorIsmail Merchant
GuiónRuth Prawer Jhabvala
Baseado enA Room with a View, de E. M. Forster
IntérpretesMaggie Smith
Denholm Elliott
Judi Dench
Simon Callow
Helena Bonham Carter
Julian Sands
Daniel Day-Lewis
MúsicaRichard Robbins
FotografíaTony Pierce-Roberts
MontaxeHumphrey Dixon
EstudioMerchant Ivory Productions
Goldcrest Films
Film Four International
DistribuidoraCurzon Film Distributors
Estrea13 de decembro de 1985
Duración117 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Orzamento3 millóns de dólares[2]
Recadación21 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0091867 Filmaffinity: 336794 Allocine: 2336 Rottentomatoes: m/a_room_with_a_view_1985 Mojo: roomwithaview Allmovie: v42077 TCM: 88627 Metacritic: movie/a-room-with-a-view TV.com: movies/a-room-with-a-view Netlix: 60035684Editar o valor em Wikidata

Unha habitación con vistas[3] (en inglés: A Room with a View) é un filme británico de 1985, dirixido por James Ivory e producido por Ismail Merchant, baseado na novela homónima de E. M. Forster (1908). O filme segue fielmente a novela empregando os títulos dos capítulos para distinguir segmentos temáticos. Ambientada en Inglaterra e Italia, conta a historia dunha moza que vive na restritiva e represiva cultura eduardiana e o desenvolvemento do amor por un mozo de espírito libre. Está protagonizada por Helena Bonham Carter e Julian Sands e inclúe a Maggie Smith, Denholm Elliott, Daniel Day-Lewis, Judi Dench e Simon Callow en papeis secundarios.

O filme foi un éxito de crítica e de público. Na 59ª edición dos Óscar foi candidato a oito premios incluíndo o de mellor filme e gañou tres: mellor guión adaptado, mellor dirección artística e mellor deseño de vestiario. Gañou tamén cinco premios BAFTA e un Globo de Ouro. En 1999, o British Film Institute colocou Unha habitación con vistas no posto 73 da súa lista dos cen mellores filmes do século XX.

Foi emitido na TVG o 15 de xullo de 2000.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

Lucy Honeychurch e a súa prima Charlotte Bartlett pasan unhas vacacións en Florencia, onde ela se namora de George. Charlotte impide que o romance prospere. Lucy regresa a Inglaterra, onde se promete a un home chamado Cecil Vyse. A chegada de George á campiña provoca unha catarse nela.

Elenco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Room with a View (PG)". British Board of Film Classification. 1-1-1986. Consultado o 16-11-2016. 
  2. "Bad Beginning." Sunday Times [London, England] 15 de xuño de 1986: 45. The Sunday Times Digital Archive. Web. 8 de abril de 2014.
  3. En galego o termo habitación non é correcto como sinónimo de cuarto ou estancia. Porén, para o caso do filme, o título dado foi o que se indica: Unha habitación con vistas.
  4. Programación