Daniel Day-Lewis
| Daniel Day-Lewis | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 29 de abril de 1957(55 anos) Londres, |
||||||||||||||||
| Profesión | actor | ||||||||||||||||
| Cónxuxe(s) | Rebecca Miller | ||||||||||||||||
| Ficha na IMDb | |||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
Daniel Michael Blake Day-Lewis, nado en Londres o 29 de abril de 1957, é un prestixioso actor británico nacionalizado irlandés. A pesar de ser recoñecido pola crítica internacional coma un dos actores máis versátiles do seu tempo, non se prodiga demasiado na gran pantalla, escollendo con gran minuciosidade os seus papeis.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo do poeta irlandés de nacemento Cecil Day-Lewis e da actriz Jill Balcon, o seu avó era o produtor cinematográfico e director dos Estudios Ealing, Sir Michael Balcon. Despois dunha etapa en Greenwich, os seus pais decídeno enviar ao internado Sevenoaks, no condado de Kent, e máis tarde á Bedales School de Petersfield. A idade de 13 anos prodúcese o seu debut cinematográfico, cun pequeno papel sen acreditar no filme Sunday Bloody Sunday. Posteriormente estudia arte dramático na prestixiosa Old Vic Theatre School de Bristol, será alí onde inicie a súa traxectoria coma actor de teatro.
A súa estrea como actor adulto foi nun pequeno papel na multipremiada película Gandhi en 1982. Posteriormente fixo varios papeis no teatro e para series da BBC ata que en 1985 conságrase con dous papeis: o do punky londinense e homófobo Johnny, de My Beautiful Laundrette (A miña fermosa lavandaría), e a do dandy Cecil Vyse do filme de James Ivory A Room with a View (Unha habitación con vistas).
Despois dunha serie de filmes entre os que destaca The Unbearable Lightness of Being, baseado na novela homónima de Milan Kundera, ofrécenlle o papel do artista irlandés discapacitado Christy Brown en O meu pé esquerdo. Sería este papel no filme de Jim Sheridan o que lle daría fama internacional e un Óscar entre numerosos premios e nominacións.
Con este director colaborou noutras dúas ocasións, en 1993 na aclamada In the Name of the Father (No nome do pai), pola que volveu a ser nominado a importantes premios, entre eles ao Oscar e ao Globo de ouro; e en 1997 en The Boxer.
Entre tanto tamén tivo tempo de dar o salto a Hollywood, para protagonizar en 1992 a cinta de aventuras The Last of the Mohicans (O último mohicano) de Michael Mann e un ano despois A idade da inocencia de Martin Scorsese, co que repitiría nove anos despois en Gangs of New York.
No 2005 protagoniza o filme The Ballad of Jake and Rose (A balada de Jack e Rose) dirixido pola súa dona Rebecca Miller, filla do coñecido dramaturgo estadounidense Arthur Miller. Dous anos despois estrea o filme There Will Be Blood, baseado na novela Oil! de Upton Sinclair e dirixido por Paul Thomas Anderson, que lle supón o seu segundo Oscar e o seu primeiro Globo de ouro ao Mellor actor na categoría de Drama.
En 2009 protagonizou o musical Nine, adaptación de Otto é mezzo 8 1/2 de Federico Fellini, dirixido por Rob Marshall. Recentemente o director Steven Spielberg e Stacey Snider, co presidente de DreamWorks Studios, anunciaron a participación do actor no proxecto Lincoln, onde dará vida ao decimosexto presidente dos Estados Unidos. Ademáis, ten pendente a rodaxe do filme Silence onde estará de novo ás ordes de Martin Scorsese compartindo cartel con Benicio Del Toro e Gael García Bernal.
[editar] Filmografía destacada
| Ano | Filme | Personaxe |
|---|---|---|
| 2009 | Nine | Guido Contini |
| 2007 | There Will Be Blood | Daniel Plainview |
| 2005 | The Ballad of Jack and Rose | Jack Slavin |
| 2002 | Gangs of New York | Bill Cutting |
| 1997 | The Boxer | Danny Flynn |
| 1996 | The Crucible | John Proctor |
| 1993 | In the Name of the Father | Gerry Conlon |
| 1993 | A idade da inocencia | Newland Archer |
| 1992 | The Last of the Mohicans | Hawkeye (Nathaniel Poe) |
| 1989 | O meu pé esquerdo | Christy Brown |
| 1989 | Eversmile, New Jersey | Dr. Fergus O'Connell |
| 1988 | Stars and Bars | Henderson Dores |
| 1988 | The Unbearable Lightness of Being | Tomas |
| 1986 | Nanou | Max |
| 1985 | A Room With a View | Cecil Vyse |
| 1985 | My Beautiful Laundrette | Johnny |
| 1984 | The Bounty | John Fryer |
| 1982 | Gandhi | Colin |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Entrevista do actor con LA Weekly o 19 de decembro de 2007. (en inglés)
- Biografía completa (en inglés)
- Ficha do proxecto Silence en IMDb (en inglés)
- Artigo da revista Variety onde se anuncia a participación do actor en Lincoln (en inglés)