UDFj-39546284

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

UDFj-39546284 é a designación que recibe unha estrutura estelar descuberta o 27 de xaneiro do 2011[1] mediante observación infravermella[2] realizada polo telescopio espacial Hubble. G. Illingworth (Universidade de California), R. Bouwens (Universidade de California e Universidade Leiden) e o equipo HUDF09 identificaron este obxecto que se atopa na constelación Fornax.[3][4] En novembro do 2012 confirmouse que o corremento ao vermello era Z~10 empregando datos dos telescopios espaciais Hubble e Spitzer, incluíndo os do Campo extremadamente profundo do Hubble (HXDF en inglés).[5] En decembro do mesmo ano, empregando os mesmos telescopios e o Campo ultra profundo do Hubble (HUDF)[5][6] precisouse que Z = 11,9.[6]

Imaxe do telescopio espacial Hubble. A galaxia é o pequeno punto vermello do centro da imaxe.

Descrición[editar | editar a fonte]

A fonte da luz que hoxe en día se detecta xa non existe.[7][8] Crese que a imaxe corresponde a unha pequena galaxia compacta[9] de estrelas azuis que existiu hai 13.420 millóns de anos, aproximadamente 380 millóns de anos[6] despois do Big Bang.[10]

No momento da publicación do descubrimento, a galaxia era a máis vella e distante de todas as coñecidas, superando por 150 millón de anos luz a distancia á anterior.

A galaxia, formada cerca do fin dos anos escuros[11] é salientable pola información que contén sobre os primeiros anos despois do Big Bang.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. C. Petit escribindo para o Knight Science Journalism do MIT - enlace Arquivado 22 de maio de 2013 en Wayback Machine..
  2. A. Mann escribindo para a revista Nature - [1]. Neste artigo fanse as seguintes referencias: Bouwens, R. J. et al. Nature 469, 504-507 (2011). 2.Yan, H.-J. et al. Res. Astron. Astrophys. 10, 867-904 (2010). 3.Kistler, M. D., Yüksel, H., Beacom, J. F., Hopkins, A. M. & Wyithe, J. S. B. Astrophys. J. 705, L104-L108 (2009)
  3. Staff (28 de xaneiro do 2011). "Most Distant Galaxy Candidate Ever Seen in Universe Arquivado 30 de marzo de 2014 en Wayback Machine.". NASA.
  4. Staff. "Picture Album: Gray-scale Image of Object UDFj-39546284 from HUDF WFC3/IR". Space Telescope Science Institute.
  5. 5,0 5,1 R. J. Bouwens, et all - Confirmation of the z~10 Candidate UDFj-39546284 using deeper WFC3/IR+ACS+IRAC Observations over the HUDF09/XDF (2012)
  6. 6,0 6,1 6,2 Wall, Mike (12 de decembro do 2012). "Ancient Galaxy May Be Most Distant Ever Seen". Space.com.
  7. Artigo do 26 de xaneiro do 2011 escrito por J Kluger, para a revista Time - [2] Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine..
  8. C Petit - review of - Science News escrito por Ron Cowen - [3] Arquivado 22 de abril de 2014 en Wayback Machine..
  9. "mini-galaxy" - J Kluger & NASA
  10. Planck collaboration (2013). "Planck 2013 results. XVI. Cosmological parameters". Enviado a Astronomy & Astrophysics. arXiv:1303.5076. Bibcode:2013arXiv1303.5076P
  11. mit.edu/tracker - [4] Arquivado 22 de abril de 2014 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]