Turrican

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Turrican é un videoxogo programado por Manfred Trenz en 1990 para o Commodore 64, editado por Rainbow Arts existen tamén versións para Atari ST, Amiga CDTV, Mega Drive/Genesis, Game Boy, PC Engine, ZX Spectrum e Amstrad CPC. O xogo supuxo unha auténtica revolución, pola súa animación, gráficos e movemento, cambiando constantemente de decorado, cores, con opcións case ilimitadas para elixir, coa presenza de moitísimas áreas secretas que levan a un estilo de xogo non totalmente lineal, a acción do xogo é frenética, disparando a todo o que se move.