Tsakhiagiyn Elbegdorj
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elbegdorj Tsakhia, nado o 30 de marzo de 1963, foi primeiro ministro de Mongolia durante dous períodos: dende abril a decembro de 1998, e do 20 de agosto de 2004 ao 16 de xaneiro de 2006. É un dos 13 líderes da revolución de 1989, que tras 75 anos de comunismo, axudou a crear unha sociedade de libre mercado en Mongolia.