Trinacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trinacia
P. Tibaldi: fresco do Palacio Poggi, sede da Universidade de Boloña, no que se representa os compañeiros de Odiseo roubando o ganado de Helios.
Información
TipoIlla mítica
LugaresThrinakia, Trinacria
Θρινακία


Trinacia (grego antigo: Θρινακία Thrinakíā : Thrinakia[1]; máis tarde identificada con Trinacria), a Illa de Helios, segundo se menciona no Libro XII da Odisea de Homero, é a illa onde Helios gardaba o seu gando, baixo o coidado das súas fillas, Faetusa e Lampetia. Na Antigüidade, era comunmente aceptado que Trinacria era o antigo nome de Sicilia e que o nome facía referencia ás tres puntas da illa.[2]

No libro XII da Odisea, Odiseo e a súa tripulación chegan a Trinacia cando volvían de Eea. Odiseo fora advertido tanto por Circe como pola pantasma de Tiresias para que evitase Trinacia, mais os seus homes rogáronlle que lles deixase parar e descansar. Odiseo aceptou con reservas, facéndolles prestar o xuramento de que non tocarían o gando da illa. Durante o seguinte mes sopraron continuamente ventos desfavorables, o euro ou o noto (vv. 325-326), o que lles impediu abandonar a illa. Cando Odiseo foi rezar pedindo un regreso seguro a Ítaca, a súa tripulación, temendo morrer de fame, sacrificou e comeu parte do gando de Helios. Como castigo, cando finalmente puideron marcharse da illa, Zeus lanzou un raio ao barco, privando da volta a todos os homes salvo a Odiseo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grego antigo: ἡ Θρινακίη -ης, ἡ Θρινακίς -ίδος. Adj. Θρινάκιος -α -ον. Un dos epítetos da(s) deusa(s) Hécate / Selene é θρινακία, segundo o Diccionario Griego-Español en liña:
  2. Dionisio de Halicarnaso, Antigüidades romanas I,22,2; Tucídides VI,2; Estrabón VI,2,1; Plinio o Vello III,86; Diodoro Sículo V,2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Preisendanz, Karl (ed. & trad.): Papyri Graecae magicae / Die griechischen Zauberpapyri. Band II. München/Leipzig: K.G. Saur, 2001. ISBN: 3-598-74277-0
  • Odisea: Canto XII; texto español en Wikisource. Ver os vv. 260 - 454 (no texto grego, 261 - 454).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]