Transmisión de calor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A transmisión de calor, transferencia de enerxía térmica, ou simplemente intercambio térmico, refírese á transición de enerxía térmica dunha masa máis quente a outra máis fría. A transmisión de calor ten lugar por medio de varios mecanismos, especialmente condución, convección e radiación.

A condución, tamén denominada difusión, débese ao intercambio de enerxía cinética ao nivel microscópico. A convección ten lugar en fluídos (líquidos e gases) e é causada polo movemento de materia a diferente temperatura. A radiación térmica ocorre por transmisión de radiación electromagnética. A diferenza da condución e convección, a transmisión de calor por radiación non precisa dun medio de transmisión.

Proceso e características[editar | editar a fonte]

Cando un obxecto está a unha temperatura distinta da da súa contorna ou outro obxecto, a transmisión da calor ocorre ata que o corpo e a contorna cheguen a unha nivelación, é dicir, que chegan á mesma temperatura de equilibrio. A transferencia sempre ocorre dende o corpo máis quente ó máis frío, tal e como se describe na Segunda Lei da Termodinámica (segundo o enunciado de Clasius). Cando hai unha diferenza de temperatura entre obxectos próximos, a velocidade de transferencia pode diminuírse, pero nunca anularse.

Tipos[editar | editar a fonte]

Convección.

Condución[editar | editar a fonte]

A condución ou difusión ocorre a escala microscópica cando partículas (moléculas, átomos e ións) vibrando con rapidez transmiten parte da súa enerxía ás partículas ao seu redor. Esta transmisión de enerxía a nivel microscópico é o que se observa como transmisión de calor a nivel macroscópico. A condución é o único mecanismo de transmisión de calor significativo no interior dun sólido. A lei de Fourier permite relacionar a diferenza de temperaturas nun sólido co fluxo de calor resultante.

  • radiación: cando non se precisa materia para a transmisión.
  • convección: cando se precisa materia e a transmisión realízase por movementos da materia fluída.
  • advección: cando hai diferenzas de temperatura e transferencia segundo a viscosidade do gas ou líquido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]