Ciclo de Carnot
O Ciclo de Carnot é un ciclo termodinámico executado pola Maquina de Carnot, idealizada polo enxeñeiro francés Sadi Carnot e que ten funcionamento apenas teórico (aínda non foi posíbel criar unha Maquina de Carnot).
Funcionando entre dúas transformacións isotérmicas e dúas adiabáticas alternadamente, é o ciclo que presenta menor transmisión de calor para o foco frío e ó polo tanto o que ten o maior rendemento.
Temos que o rendemento da máquina en porcentaxe é igual a:

Onde:
= Temperatura da fonte fría (en Kelvin)
= Temperatura da fonte quente (en Kelvin)
A posibilidade de interconversión entre calor e traballo posúe restricións para as chamadas máquinas térmicas. O Segundo Principio da Termodinámica, elaborado en 1824 por Sadi Carnot, é enunciado da seguinte forma:
"Para haber conversión continua de calor en traballo, un sistema debe realizar ciclos entre fontes quentes e frías, continuamente. En cada ciclo, é retirada unha certa cantidade de calor da fonte quente (enerxía útil), que é parcialmente convertida en traballo, sendo o restante rexeitado para a fonte fría (enerxía disipada)"
O rendemento de unha máquina térmica é dada polo cociente do traballo pola enerxía útil, onde o traballo é definido pola diferenza da enerxía útil pola enerxía disipada.
Rendemento da Maquina (r)

Rendemento da Maquina en % (r)

Traballo (w)

onde:
é o rendemento;
é a enerxía útil;
é o traballo;
é a enerxía disipada;
O Ciclo de Carnot demostra que o maior rendemento posíbel para unha máquina térmica é o dunha máquina que realizase un ciclo de dúas transformacións adiabáticas e dúas transformacións isotérmicas, alternadas entre si, de acordo co esquema:
1)proceso isotérmico reversíbel, no cal a calor é trasladada do, ou para o reservatorio de alta temperatura;
2)proceso adiabático reversíbel, no cal a temperatura do fluído de traballo dun reservatorio a alta temperatura diminúe até o outro;
3)proceso isotérmico reversíbel, cuxa calor é trasladado do, ou para o reservatorio de menor temperatura;
4)proceso adiabático reversíbel, en que a temperatura do fluído de traballo vai aumentando desde o reservatorio (a baixa temperatura) até o outro.
|
|||||||||||
