Transamundo II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trasimundo II ou Transamundo II foi duque longobardo de Spoleto do 724 ao 745.

O 724 derrocou ao seu pai Faroaldo II, ao que pechou nun mosteiro e fixo tonsurar (co que quedaba inhabilitado para reinar), e acadou o poder.

O 737 ou 738 ocupou Gallese, cortando a comunicación entre Roma e Rávena. O Papa Gregorio III ofreceu un pagamento polo retorno da cidade e un tratado xeral de paz co duque. No tratado interveu tamén o duque de Benevento Gregorio de Benevento. Pero o rei longobardo Liutprando rexeitou o tratado e atacou a Transamundo II como traidor. O 16 de xuño do 739 o rei entrou en Spoleto, onde nomeou duque a Hilderico. O duque deposto fuxiu a Roma, onde foi acollido polo Papa e o rei Liutprando foi ata a cidade para cercalo e apoderouse de Amelia, Orte, Bomarzo, e Bieda, pero o Papa non quixo entregar ao seu aliado. A Papa pediu axuda aos francos, pero Carlos Martel non lle respondeu.

O decembro do 740, Transamundo asasinou a Hilderico e recuperou o seu ducado con axuda do Papa e de Benevento, pero como non retornou as cidades que o rei longobardo ocupara (e incorporara ao ducado) a alianza co Papa rompeuse.

O rei longobardo non recoñeceu a Transamundo e dispúxose a invadir o ducado por segunda vez. O 742 Liutprando entrevistouse co Papa Zacarías, sucesor de Gregorio III, e prometeulle a restitución dos catro cidades a cambio da súa axuda contra o duque rebelde. Transamundo foi así facilmente derrubado polas tropas reais, e fechado nun mosteiro, e o ducado foi confiado a Axiprando, sobriño do rei. Godescalco de Benevento, sucesor de Gregorio, que non tiña a aprobación do rei longobardo e apoiara a Transamundo, foi o seguinte obxectivo.

Ao morrer Liutprando (744), Transamundo saíu do mosteiro e presentouse en Spoleto onde foi recoñecido duque. Morreu ao ano seguinte (745) e sucedeuno Lupo de Spoleto (Lupus).