Axiprando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agiprand foi por pouco tempo duque de Spoleto entre 742 e 744.

A finais de 741, Transamundo II de Spoleto rexeitou devolver ao papa Gregorio III as cidades que lle prometera a el e ao seu sucesor , Zacarías, devoltas pola axuda ao rei Liutprando. Zacarías doou un exército romano para axudar aos longobardos e tomaron Spoleto, e Liutprando instalou ao seu propio sobriño, Axiprando, como duque.

Axiprando xa era duque de Clusium cando foi investido co título de duque de Spoleto. Axiprando escoltou a Zacarías de volta a Roma desde Interamna e restituíu as cidades que pedía.

O reinado de Axiprando non sobreviviu á morte de Liutprando, momento en que foi apartado do poder por Transamundo.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Traducido por William Dudley Foulke. University of Pennsylvania: 1907.
  • Hartmann, Ludo Moritz. Geschichte Italiens im Mittelalter. Gotha, 1903.
  • Hodgkin, Thomas. Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895.
  • Pabst, H. "Geschichte des langobardischen Herzogthums." Forschungen zur deutschen Geschichte Vol. II, p. 405. Gottingen, 1862.