Tower Hamlets
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mapa | |
|---|---|
| Información | |
| Estado | |
| País | Inglaterra |
| Condado | Gran Londres |
| Capital | Clove Crescent, Blackwall |
| Superficie | 19,77 km2 |
| Poboación | 220.500 (est. 2008) |
| Densidade | 5.749 h/km² |
| Alcalde | Helal Abbas (Partido Laborista) |
| Web oficial de Tower Hamlets | |
Mercado nocturno de Whitechapel.
Tower Hamlets é un distrito (borough) do Gran Londres situado ao leste do distrito da Cidade de Londres e ao norte do río Támesis. Ocupa boa parte do tradicionalmente coñecido como East End. Inclúe tamén unha ampla extensión da vella zona industrial dos Docklands, reconvertida hoxe en zona comercial e financeira. Moitos dos edificios máis altos de Londres[1] están situados na Isle of Dogs e Canary Wharf, no sur do distrito.
Tower Hamlets foi un dos cinco distritos de Londres designados para acoller os Xogos Olímpicos de verán que se celebraron na cidade en 2012.