Tortura por auga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A marquesa de Brinvilliers sometida a tortura por auga

A tortura por auga é un tipo de tortura que se realiza por medio da auga para obter información ou confesións, intimidar e punir, pode consistir en mergullar a cabeza da vítima en auga, en obrigarlle a beber grandes cantidades de auga en pouco tempo, ou botar auga por riba da cabeza da vítima, que permanece inmobilizada, dándolle a sensación ó suxeito de afogamento e de morte inmediata, provocando a contracción inmediata dos músculos da farinxe.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Esta técnica de tortura pode causar dor extremo, dano ós pulmóns, dano cerebral por privación de osíxeno, fractura nos ósos, desordes psicolóxicos, e se non se interrompe, a morte. As consecuencias físicas poden comezar meses despois dos feitos, e os efectos psicolóxicos poden durar anos.

Torturas da CIA[editar | editar a fonte]

En 2007 sóubose que a CIA utilizaba esta técnica de tortura, os interrogadores da axencia botábanlles auga na cabeza, cuberta por un pano, a prisioneiros extraxudiciais e que o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos autorizara a medida. Entre os membros sospeitosos de pertencer a Al Qaida no que se empregou esta tortura están Khalid Sheikh Mohammed, Abu Zubaydah e Abd al-Rahim al-Nashiri. A administración de George W. Bush para xustificar a medida redactou xustificacións legais secretas baseadas na definición de tortura nas leis dos Estados Unidos[1]. Segundo o Departamento de Xustiza o uso da tortura por auga con Khalid Sheik Mohammed permitiulle o goberno estadounidense parar un ataque nos Ánxeles similar ó do 11 de setembro.

En xaneiro de 2009 o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama prohibiu o seu uso.

Notas[editar | editar a fonte]