Thirtysomething
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Thirtysomething | |
|---|---|
| Formato | Drama |
| Creado por | Marshall Herskovitz Edward Zwick |
| Desenvolvido por | MGM/UA Television Group (por medio da United Artists Television) e The Bedford Falls Company |
| Intérpretes | Ken Olin Mel Harris Melanie Mayron Timothy Busfield Patricia Wettig Peter Horton Patricia Kalember Polly Draper David Clennon |
| Tema de apertura | W.G. Snuffy Walden |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Número de episodios | 85 |
| Produción | |
| Duración | 60 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | ABC |
| Tempo de emisión | 29 de setembro de 1987 – 28 de maio de 1991 |
Thirtysomething é unha serie de televisión estadounidense sobre un grupo de yuppies da xeración do baby boom que están arredor dos trinta e tantos anos e que se emitiu durante catro tempadas de 1987 a 1991.
Desenvolvemento [editar]
O contraste entre a época da súa mocidade, cando estaban implicados na contracultura e en movementos pola paz da década de 1960, coa súa situación actual como membros da clase media estadounidense é clave no desenvolvemento da serie.