The Sacred Armour of Antiriad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Sacred Armour of Antiriad é un videoxogo desenvolvido por Palace Software para Amstrad CPC, Commodore 64 e ZX Spectrum en 1986. Nun tempo pasado os humanos destruíron a súa civilización con armas atómicas no decurso dunha das súas numerosas guerras, os que sobreviviron formaron tribos como en tempos aínda anteriores á era atómica. Entón chegaron os Amos en centos de naves espaciais, escravizaron os humanos para traballaren nas minas, realizando expedicións para substituíren ós que morrían polas duras condicións. O consello de anciáns na crenza dunha lenda que se transmitía de xeración en xeración e que falaba dunha armadura, a Armadura Secreta de Antiriad que posuía enormes poderes. Os seus compoñentes estaban esparexidos na aba dunha montaña onde habitaban os Amos e que era territorio prohibido para os humanos mesmo antes da chegada dos extraterrestres, xa que o grao de radioactividade era moi elevado para sobrevivir moito tempo e estaba poboado por seres froito das mutacións. Thol é o encargado polo Consello de Anciáns de partir para recupera-la armadura.