The Divine Comedy
| The Divine Comedy | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Enniskillen, Irlanda do Norte |
| Período | 1989 - actualidade |
| Xénero(s) | baroque pop, rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Setanta, Parlophone, Divine Comedy Records |
| Membros | |
| Antigos membros | |
| Web oficial | thedivinecomedy.com |
The Divine Comedy é un grupo de rock alternativo orixinario de Irlanda do Norte e formado en 1988. A banda está liderada por Neil Hannon, compositor, cantante, guitarrista, pianista e único membro estábel do proxecto, aínda que co andar dos anos pasasen por el unha longa listaxe de músicos.
Índice |
Traxectora [editar]
A súa música combina influencias de grupos como The Smiths ou Electric Light Orchestra coa tradición crooner de Scott Walker, Jacques Brel e o pop barroco de The Beach Boys ou Burt Bacharach. Do mesmo xeito, a variada instrumentación e os arranxos orquestais das súas cancións tamén toman como referencia a música de compositores como Ravel, Stravinsky, John Barry, Michael Nyman ou Philip Glass.[Cómpre referencia] Malia estas influencias, o grupo foi criticado en ocasións por publicar como discos sinxelos as súas cancións máis orientadas ao easy listening.
As letras de Neil Hannon caracterízanse por retratar ironicamente a vida moderna e por incluíren referencias ao amor, o sexo ou a vinganza.
Discografía [editar]
- Fanfare for the Comic Muse - 1990 (Setanta)
- Liberation - 1993 (Setanta)
- Promenade - 1994 (Setanta)
- Casanova - 1996 (Setanta)
- A Short Album About Love - 1997 (Setanta)
- Fin de Siècle - 1998 (Setanta)
- Regeneration - 2001 (Parlophone/EMI)
- Absent Friends - 2004 (Parlophone/EMI)
- Victory for the Comic Muse - 2006 (Parlophone)
- Bang Goes the Knighthood - 2010 (DC Records)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)