TILG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

TILG é o acrónimo de Tesouro Informatizado da Lingua Galega, recurso electrónico de busca en textos etiquetados en lingua galega. Está levado a cabo polo ILG en convenio coa Dirección Xeral de Política Lingüística e permite a busca léxica nunha enorme cantidade de obras galegas modernas (dende Ramón Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro ata Manuel Rivas ou Suso de Toro) e antigas (dende a época de frei Martín Sarmiento).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]