Tequeño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tequeños en expositor.

O tequeño é unha comida típica venezolana e colombiana, utilizada normalmente como entremés en festas e reunións. Prepárase cunha masa de fariña de trigo, que envolve un anaco de queixo branco cortado en tiras e frítese por uns 2 a 3 minutos en aceite a uns 190 graos centígrados. Ten forma cilíndrica cunha capa crocante por fóra que cobre o queixo derretido. Ten a forma dun habano, pero máis groso.

É típico tamén da gastronomía galega, servíndose preferentemente como tapa, en Santiago de Compostela.

O tequeñón é un tequeño máis grande.

Xeralmente cómese con salsa de tomate (ketchup) ou salsa picante. Tamén se pode comer só.

Para moitos, o seu nome provén da cidade venezolana Os Teques, aínda que outros pon en dúbida esta teoría.

Variedades[editar | editar a fonte]

Como todo prato, o tequeño evolucionou a través dos anos, e é así como hoxe día existen tequeños, non soamente de queixo (neste momento é o "tradicional") senón que atopamos variantes de tequeños recheos con xamón, xamón e queixo, ricota con espinacas, chocolate e até con mariscos. Outra variante é o tequeño recheo de chourizo, que está a comezar a ser comercializado nos supermercados españois a raíz do crecemento da poboación inmigrante venezolana.