Teodoro Piñeiro Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeodoro Piñeiro Alonso
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , director teatral , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Teodoro Piñeiro Alonso, nado en Vigo o 27 de xullo de 1950, é un dramaturgo, director de teatro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal foi asesor Fiscal e laboral. Foi un dos fundadores do Centro Cultural de Valadares, no que foi animador cultural, vicepresidente e presidente. Foi director e autor de teatro, dirixiu o grupo Escoitade de Valadares. Pertenceu ao Grupo Abrente.[1] Foi elixido concelleiro da primeira corporación democrática do Concello de Vigo pola coalición Unidade Galega, representando ao PSG. Militante do PSdeG-PSOE dende 1986, foi presidente da Federación de APAS de Vigo e Comarca (FOAPAS) (1993-1997) e portavoz da Plataforma pola defensa do Ensino Público de Vigo e Comarca (1992-1997). Colaborou en Faro de Vigo.

Obras[editar | editar a fonte]

Escritas e dirixidas para o Grupo Escoitade:

  • Historia de unha reconquista contada á miña maneira, 1976.
  • O derradeiro Xuízo, 1979.
  • A bruxa Fidalga na horta do lagar, 1980.
  • Queda terminantemente prohibido o suicidio, 1981.
  • 3-3-1, todo para un, 1983.
  • O milagre do torreiro de Quintián, 1985.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premio de Animación Cultural (1977).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-5-1974, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]