Telemachos Karakalos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTelemachos Karakalos
Nome orixinal(el) Τηλέμαχος Καράκαλος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1866 Editar o valor em Wikidata
Dimitsana, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xuño de 1951 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónHellenic Military Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaGrecia Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima
Ximnasia Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Athenian Club (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1896Xogos Olímpicos de 1896 Editar o valor em Wikidata

Telemachos Karakalos ( en grego Τηλέμαχος Καράκαλος), nado en Dimitsana en 1866 e finado o 15 de xuño de 1951, foi un militar e tirador de esgrima grego, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coronel de artillaría, pertencía ao Athens Club. Participou nos Xogos Olímpicos de 1896 de Atenas, competiu en sabre individual, gañando a Georgios Iatridis, Adolf Schmal e Holger Nielsen e perdendo co seu compatriota Ioannis Georgiadis, o que o colocou no segundo lugar, equivalente á medalla de prata. No ano 1897 loitou na Guerra Greco-Turca. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París con Georgiadis pero o xurado anulou a súa actuación por golpes impropios. Combateu tamén na Primeira Guerra Balcánica en 1912 e desde 1913 foi profesor de xeografía e historia militar na Academia do Exército. Escribiu a obra Εισαγωγή της γυμναστικής στο στράτευμα, unha introdución á práctica da ximnasia no exército, e foi autor dun manual de xeografía militar e de historia militar publicado en 1914.