Telecíes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Telecíes é unha concesión de televisión local con licenzas de TDT nas demarcacións de Vigo e Ponteareas, que na actualidade carece de emisión.
Pertencente ao grupo de comunicación de La Región emitiu por primeira vez o 8 de febreiro de 2008 ao retransmitir en directo da Copa do Mundo de Saltos Rolex FEI que celebraba en Vigo a súa sétima edición. O programa foi presentado polas xornalistas Laura Vázquez e Soledad Parral. Posteriormente a cadea mudou emitindo unicamente unha mira de axuste.