Atol Tekokota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tekokota»)
Tekokota
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 1 km²
Superficie lagoa 5´1 km²
Nº de illas
Coordenadas 17°19′S 142°37′O / -17.317, -142.617Coordenadas: 17°19′S 142°37′O / -17.317, -142.617
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Tekokota é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado case no mesmo centro do arquipélago, a 22 km ao nordés de Hikueru, e pertence á comuna de Hikueru.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cunha superficie total de tan só 0,9 km², é un dos atois máis pequenos do arquipélago. A lagoa interior ten un paso navegable cara ao océano. Está deshabitada, pero é visitada ocasionalmente pola pesca e a recolección de copra. Non dispón de infraestruturas.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberto en 1774 polo inglés James Cook. O ano seguinte, José Andía chamouno Os Mártires, e Domingo Bonaechea, Illa do Perigo.