Atol Hikueru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hikueru»)
Hikueru
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 274 hab.
Superficie 8 km²
Superficie lagoa 79 km²
Nº de illas
Coordenadas 17°35′S 142°39′O / -17.583, -142.650Coordenadas: 17°35′S 142°39′O / -17.583, -142.650
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Hikueru é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no centro do arquipélago, a 700 km ao leste de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O atol ten unha forma ovalada con 15 km de longo e unha superficie terrestre de 5,11 km² máis 19,47 km² de arrecifes. A lagoa, de 82,5 km ², é profunda, sen ningún paso navegable pero con numerosas canles

A vila principal é Tapupati, e a poboación total é de 150 habitantes no censo de 2002. A poboación vive principalmente da produción de copra. Dispón dun aeródromo.

Historia[editar | editar a fonte]

O atol foi descuberto polo francés Louis Antoine de Bougainville en 1768. Tamén se coñeceu historicamente como Melville, e Domingo de Bonaechea, en 1775, chamouno San Juan. En 1906 sufriu os efectos dun ciclón que causou a morte de 377 persoas. Ata os anos 1970 foi un dos grandes centros de recolección de perlas.

O escritor Jack London describiu os efectos do ciclón en Hikueru no seu conto «The house of Mapuhi», incluído en «South Sea Talles» (1911). A escritora catalá Aurora Bertrana escribiu un conto romántico e de aventuras sobre Hikueru: «Tekao», incluído en «Peikea, princesa caníbal i altres contes oceànics» (1934), e ampliado posteriormente como novela curta en «Ariatea» (1960).