Taranis (grupo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taranis
OrixeLugo, Galiza
Período1979–1990; 2019-
Xénero(s)Folk, rock progresivo, jazz rock
Selo(s) discográfico(s)Ruada, Edigal, Sons Galiza
MembrosCándido Díaz, Begoña López, Pedro Vila, Manuel Pajón, Leandro Fernández, Enrique López, Rodrigo Moreno
Na rede
Musicbrainz: 57b9cb17-ffef-4458-96a4-bcfe0d368549 Discogs: 2860695 Editar o valor em Wikidata

Taranis é un grupo galego que desenvolveu a súa actividade entre 1979 e 1990, regresando en 2019. Categorizado como un grupo de folk, Taranis tivo a característica de ser un proxecto pioneiro na fusión de estilos, ligando a música de raíz con outros xéneros como o funk, o jazz ou o rock e mesturando, por primeira vez na Galiza, a gaita con instrumentos contemporáneos como a guitarra eléctrica.

Características[editar | editar a fonte]

A pesar de que o peso do proxecto tendía cara á música instrumental, iso non impediu que o grupo fixese tamén varios temas cantados. O resultado final da maior parte dos seus traballos segue unha tendencia moi próxima ao rock progresivo, aínda que en certos temas poidan aproximarse a xéneros como o jazz rock.

As melodías do primeiro disco, Ith-Gael (Ruada, 1980), foron empregadas frecuentemente como cabeceira de distintos programas de televisión e radio, polo que a popularidade do grupo foi aumentando. Cando sae o segundo disco, Taranis (Edigal, 1985), o grupo era unha das formacións folk que máis concertos daba ao ano, visitando tamén diversos países europeos.

Outros traballos foron o Sinfonía do Cebreiro (Sons Galiza, 1990). No ano 2002 o xornal La Voz de Galicia editou un recompilatorio (considerado como o seu cuarto álbum) en CD para a súa colección Son de Galicia.

O seu último traballo 'Mundo Idiota' é o seu quinto álbum. Contén catorce cancións en galego[1].

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Taranis, nuevo disco y nuevas historias". La Voz de Galicia. 27 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]