Estadio de Tammela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tammelan stadion»)
Tammelan stadion
O Tammelan stadion en novembro de 2023.
Datos
LocalizaciónTammelankatu 25, 335000
Tampere, Finlandia
Construción
Inauguración6 de abril de 2024
Arquitecto
Custo43 millóns
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións105 × 68
Capacidade8 000
PropietarioCidade de Tampere
LocalíaIlves (feminino) (2024–)
Ilves (masculino) (2024–)
Tampere United (2024-)
TPV (2024-)
Eventos

O Tammelan stadion (en galego Estadio de Tammela) é un estadio da cidade de Tampere, Finlandia. O seu uso principal é a práctica de fútbol, aínda que tamén se celebran outros eventos como concertos. Foi inaugurado o 6 de abril de 2024 e nel xoga os seus partidos como local os equipos feminino e masculino do Ilves, así como o Tampere United e os Tampereen Pallo-Veikot (TPV).

Ten capacidade para 8 000 persoas sentadas e un terreo de xogo de 105×68 metros e a súa superficie é de herba artificial. O estadio é considerado un estadio híbrido, no que ademais do estadio de fútbol construíronse apartamentos e locais comercias.

A localización céntrica do estadio no distrito de Tammela o fai facilmente accesible en transporte público, sexa a través do bus urbano de Tampere ou a través das liñas de tranvía da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

O antigo estadio[editar | editar a fonte]

O antigo estadio de Tammela.

Antes da construción do estadio actual existiu no mesmo lugar un estadio do mesmo nome. A iniciativa de construír o vello estadio de Tammela partiu do concello de Tampere, que en 1926 decidiu construír un campo de xogo no lado sur da escola de Tammela. Debido á depresión económica de finais da década de 1920 e principios de 1930 a construción prolongouse ata 1931, e non foi ata 1937 cando se finalizou a primeira tribuna do estadio.[1]

O estadio tiña capacidade para 5 050 persoas,[2] acolleu os partidos como locais dos principais equipos da cidade dende a súa construción ata o ano 2020, cando foi demolido para a construción do estadio actual. No ano 2001 acolleu a final da Suomen Cup entre o Atlantis FC e o Tampere United que presenciaron en directo 3 820 persoas,[3][4] e en 1999 tamén acolleu a final da Suomen Cup feminina.[5]

O último partido no vello estadio xogouse o 31 de outubro de 2020,[6] cando o Ilves derrotou ao PK-35 Vantaa nun partido da máxima categoría do fútbol feminino finlandés, a Kansallinen liiga, por 4–1 ante 214.[7]

Proxecto e construción[editar | editar a fonte]

O Tammelan stadion en construción no verán de 2022.

As obras de construción do novo estadio comezaron no verán de 2021 e prolongáronse ata novembro de 2023, cando se comezou co proceso de equipamento do estadio.[8]

Finalización[editar | editar a fonte]

O novo Tammelan stadion inaugurouse ás 17:00 do 6 de abril de 2024 coa disputa do partido da Veikkausliiga entre o Ilves e o FC Lahti. Ese mesmo día, unhas horas antes, abriuse a tenda que o equipo de fútbol do Ilves ten no estadio.[9]

Pouco despois de finalizar as obras, durante o proceso de equipamento do estadio, anunciouse que este acollería a final da Suomen Cup en categoría masculina a partir de 2024 mediante un contrato plurianual, deste xeito a final da competición copeira disputaríase por quinta vez na cidade, logo de terse xogado en categoría masculina tres veces (1976 e 2016 en Ratina e unha vez no antigo estadio de Tammela) e unha vez en categoría feminina en 1999 no vello estadio de Tammela.[5]

O estadio[editar | editar a fonte]

No momento da súa inauguración, o Tammelan stadion foi considerado como o estadio máis moderno e cómodo de Finlandia, e o proxecto foi dirixido por Antti Lakka. O custo da construción do novo estadio ascendeu a 43 millóns de Euros Cunha capacidade para 8 000 persoas e prazas para persoas con mobilidade reducida ás que poden acceder en cadeira de rodas, e tamén e posible o acceso á tribuna interior por ascensor. No estadio ademais se poden realizar outro tipo de eventos. O estadio cumpre cos requisitos da categoría UEFA 4, polo que nel se poden disputar partidos europeos de seleccións. Ademais de comerciios e outros servizos relacionados co estadio, debaixo do mesmo hai un aparcadoiro.[10][8][11]

Arquitectonicamente salienta o seu teito suspendido, un elemento que nunca se empregara ata o momento no país nórdico. O teito das tribunas, de máis de 100 metros le lonxitude está suspendido por cables, posibilitando a visión do campo de xogo dende calquera punto.[8] Na súa construción procurouse que non quedaran espazos libres, pero que ao mesmo tempo se puideran modificar de acordo coas necesidades, como no caso do espazo de traballo para fotógrafos, que só se empresa en determinados partidos internacionais.[11]

O terreo de xogo ten unhas medidas de 105×68 metros e a superficie é herba artificial que se pode quentar.[12][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "XVI kaupunginosa - Tammelan eteläosa" (en finés). Universidade de Tampere. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  2. "ILVES - HJK KIINNOSTAA - YLI 1000 LIPPUA MYYTY JO ENNAKKOON" (en finés). FC Ilves. 18 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2015. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  3. "SUOMEN CUPIN FINAALIT 1955-2011" (en finés). Federación Finlandesa de Fútbol. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  4. "National Cup 2001" (en finés). finlandfootball.net. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  5. 5,0 5,1 "Suomen Cupin finaalit jatkossa Tampereella – Superviikonloppu Tammelan stadionilla vuodesta 2024 alkaen!" (en finés). Federación Finlandesa de Fútbol. 24 de novembro de 2023. Consultado o 24 de abril de 2024. 
  6. Gynther, Mikko (30 de outubro de 2020). "Pahaan tappioputkeen ajautuneet Ilveksen naiset taistelevat sarjapaikastaan – ”Haluamme voittaa Tammelassa viimeisen kerran”". Aamulehti (en finés). Consultado o 25 de abril de 2024. 
  7. "Otteluraportti: Ilves – PK-35 VANTAA 4-1 – keltavihreiden ehjä suoritus palkittiin täydellä pistepotilla" (en finés). IlvesEdustus.fi. 31 de outubro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Tammelan stadion" (en finés). Tampereen Tilapalvelut. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  9. "Tervetuloa Tammelan Stadionin ensi-iltaan: Ilves – FC Lahti lauantaina 6.4.2024!" (en finés). IlvesFootball.com. 5 de abril de 2024. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  10. 10,0 10,1 "Tammelan stadion" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  11. 11,0 11,1 Salovaara, Maria; Hart, Laura (6 de abril de 2024). "Tästä hetkestä alkaa Tampereella jalkapallon uusi aikakausi – stadionpäällikkö: ”Fiilis on varmasti tunteikas”". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 25 de abril de 2024. 
  12. "Tammelan stadion TN , Tampere" (en finés). tulospalvelu.palloliitto.fi. Consultado o 25 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]