FC Ilves (feminino)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FC Ilves
Fundación1975
EstadioTammelan stadion,
Tampere, Finlandia Finlandia
Inauguración1931
Capacidade5 050
PresidenteFinlandia Heikki Tarvainen
AdestradorFinlandia J-P Berg
LigaKansallinen liiga
20237.º
VestimentaAdidas
Na rede
https://ilvesnaisetjalkapallo.fi/
Titular
Alternativo
Seccións activas do
Ilves
Floorball Fútbol
(masculino)
Fútbol
(feminino)
Fútbol sala
(masculino)
Fútbol sala
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Ringette Hóckey sobre xeo (masculino) Special hockey
Parahockey

O FC Ilves ou simplemente Ilves é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome. Foi fundado o 10 de abril de 1931 e na tempada 2022 compite na Kansallinen liiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tammelan stadion, un estadio con capacidade para 5 050 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarela e pantalón verde, mentres que a reserva é integramente verde.

Ilves é o segundo equipo por detrás do HJK de Helsnqui que máis tempadas disputaron a máxima categoría do fútbol feminino finlandés ata 2019 cun total de 31, con todo, o equipo non conseguiu nunca gañar o campionato.[1][2] Ao longo da súa historia conseguiu un total de cinco medallas, dúas delas de prata (1992 e 2015) e tres de bronce (1991, 1993 e 1996),[1][2] e foi outras cinco veces subcampión da Copa de Finlandia (1991, 1997, 2010, 2011, 2014).[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

Se ben o equipo de fútbol masculino do Ilves fundouse o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo,[5] o equipo feminino non debutou ata 1975, logo da fusión do Ilves-Kissat (que finalizara a liga na quinta posición a tempada anterior) e o Tampereen Palloilijat. Na súa primeira tempada na máxima categoría o equipo de Tampere finalizou na sexta posición dun total de oito equipos, conseguindo a permanencia logo de sumar 12 puntos (tres máis que o KPV, un dos dous equipos que descenderon) cun rexistro de 5 vitorias, 2 empates e 7 derrotas, con 9 goles a favor e 19 en contra.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pietarinen, Heikki. "Finnish Women Premier Division: All-Time Tables" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Pietarinen, Heikki. "Finnish Women League Premier Division: Clubwise Final Placings" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  3. Pietarinen, Heikki. "Finland – List of Women Cup Finals" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  4. Pietarinen, Heikki. "Finland – List of Women League First Level Tables" (en inglés). RSSSF. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  5. "Seuran esittely" (en finés). Ilves ry. Consultado o 29 de agosto de 2023. 
  6. "Finland - List of Women League First Level Tables" (en inglés). rsssf.org. Consultado o 25 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]