Tala samoana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tala samoana
Samoan tala
Samoa tālā (samoano)
Código: WST
Ámbito: Flag of Samoa.svg Samoa
Símbolo: WS$ (nalgúns casos SAT, ST ou T)
Fracción: 100 (sene)
Moedas: 5, 10, 20, 50 sene e 1 tala
Billetes: 2, 5, 10, 20, 50 e 100 tala
Emisor: Banco Central de Samoa
Taxa de troco:
14-09-2009
1 EUR = 3,3804 WST
1 USD = 2,4836 WST
Troco actual

O Tala é a moeda de Samoa. Divídese en 100 Sene. Os nomes son os equivalentes en samoano ás palabras galegas dólar e céntimo.

O tala foi introducido en 1967. Ata ese momento, Samoa empregara a libra samoana, coas moedas de Nova Zelandia e os seus propios billetes. O tala substituíu á libra a razón de 2 tala = 1 libra, e, polo tanto, igual á do dólar neozelandés. O tala mantívose igual ao dólar de Nova Zelandia, ata 1975.

O símbolo WS$ emprégase xeralmente para o tala,[1] aínda que SAT,[2] ST[3] y T,[4] parece estar tamén en uso. Ás veces as cifras escríbense co signo do dólar diante e "Tala" despois; por exemplo, $ 100 tala.[5]

Moedas[editar | editar a fonte]

En 1967, introducíronse moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 Sene. Agás para as moedas de 1 e 2 Sene de bronce, estas moedas foron acuñadas en cuproníquel. Moedas de Bronce de Aluminio de 1 tala introducíronse en 1984.

Billetes[editar | editar a fonte]

En 1967, o Banco de Samoa Occidental presentou billetes de 1, 2 e 10 tala. Os billetes de 5 tala engadíronse en 1980, cando a Xunta Monetaria de Samoa Occidental se fixo cargo da emisión de cartos de papel. En 1984 substituíronse os billetes de 1 tala por moedas e se introduciron billetes de 20 tala. En 1985, o Banco Central de Samoa, emitiu os seus primeiros billetes de 2, 5, 10 e 20 Tala, e presentou billetes de 50 e 100 tala en 1990. Tamén se introduciron billetes de polímero de 2 tala en 1990. A finais de 2005 introducíronse novos billetes de papel de 5 a 100 tala. O 1 de agosto de 2008, o banco central emitiu unha nova serie de billetes en polímero con denominacións de 5 a 100 tala.[6]

Notas[editar | editar a fonte]