Táboa de Kish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Táboa calcaria de Kish con escritura pictográfica, 3500 a.C., pode ser a primeira escritura coñecida. Museo Ashmolean
Un exemplo de escritura de Sumeria, táboa de pedra parcialmente descifrada.

A táboa de Kish é unha táboa de calcaria localizada en Tell al-Uhaymir, Gobernación de Babilonia, Iraq, o sitio da antiga cidade Sumeria de Kish. Un molde de xeso do artefacto está hoxe na colección do Museo Ashmolean.

A táboa de Kish está inscrita con signos proto-cuneiformes. Ten data de c. 3500 a.C (Período de Uruk medio), aínda que algúns estudosos cren que pode ser doutro tempo posterior, período Uruk IV (c. 3350-3200 a.C.).[1] Atopáronse varios miles de documentos proto-cuneiformes que datan dos períodos Uruk IV e III (c. 3350-3000 a.C.). en Uruk.

A escritura aínda é puramente pictográfica e representa unha etapa de transición entre a protoescritura e a aparición da escritura parcialmente silábica da escritura cuneiforme propiamente dita. Considérase que o "período proto-alfabetizado" de Exipto e Mesopotamia esténdese entre o 3500 e o 2900 a.C. Os textos administrativos do período Jemdet Nasr (3100-2900 a.C.), atopados entre outros lugares en Jemdet Nasr e Tell Uqair representan unha etapa máis no desenvolvemento de proto-cuneiforme a cuneiforme, pero aínda non se pode identificar con certeza como escrito en sumerio, aínda que é probable.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hayes, John L., 1990 A Manual of Sumerian Grammar and Texts, Undena Publications, p.266

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A. C. Moorhouse, The Triumph of the Alphabet: A History of Writing
  • Langdon, Pictographic Inscriptions from Jemdet Nasr
  • Peter N. Stearns, The Encyclopedia of World History (2001), ISBN 978-0-395-65237-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]