Suso Bahamonde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua castelá |
Suso Bahamonde, nado na Coruña en 1978, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instalado na Costa da Morte, foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén fundou o grupo poético musical The Inversos onde mesturaban poesía e rock, e onde el se encargaba da voz e as letras.
Publicou en 2001 o poemario Óxido nas flores da tarde en Letras de Cal. Colaborou en Dorna. En 2012 obtivo o accésit do Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña polo relato "1985, verán"[1]. En 2014 publicou o poemario Expansión[2] que fora finalista no I Certame de Poesía Ardeiro. No 2019 publicou o poemario Caída. En 2021 fixo a súa primeira incursión na narrativa co libro de relatos, Instrucións para matar un oso.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Óxido nas flores da tarde, 2001 (Ed. Letras de Cal).
- Expansión, 2014 (Didot Editorial).
- Caída, 2019 (M Editora).
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Instrucións para matar un oso, 2021 (Editorial Belagua).