Sult
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sult | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||
|
Sult (Fame) é unha novela escrita polo noruegués Knut Hamsun en 1890.
Características [editar]
A historia corresponde a un relato en primeira persoa, onde o personaxe ficticio Widel-Jarlsberg narra a miseria na cal se atopa mergullado debido á carencia dun traballo estábel, sumado á difícil situación que se vive na cidade de Cristiania (hoxe coñecido como Oslo).
É a primeira obra do autor noruegués, e nela plasma no seu personaxe principal un alto grao de desestabilidade emocional, similar á que Kafka mostra nas súas obras.