Sugar Ray Leonard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSugar Ray Leonard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Wilmington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónParkdale High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1.791 mm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade - 1 de marzo de 1997 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivalight heavyweight (en) Traducir
peso meio-médio (pt) Traducir
light welterweight (en) Traducir
light middleweight (en) Traducir
super middleweight (en) Traducir
peso médio (pt) Traducir
peso leve (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1 de marzo de 1997Sugar Ray Leonard vs. Héctor Camacho (en) Traducir
11 de maio de 1984Sugar Ray Leonard vs. Kevin Howard (en) Traducir
20 de xuño de 1980Sugar Ray Leonard vs. Roberto Durán (en) Traducir
30 de novembro de 1979Wilfred Benítez vs. Sugar Ray Leonard (en) Traducir
1976Xogos Olímpicos de 1976
Donny Lalonde vs. Sugar Ray Leonard (en) Traducir
Leonard–Durán II (en) Traducir
Marvin Hagler vs. Sugar Ray Leonard (en) Traducir
Sugar Ray Leonard vs. Roberto Durán III (en) Traducir
Sugar Ray Leonard vs. Thomas Hearns (en) Traducir
Sugar Ray Leonard vs. Thomas Hearns II (en) Traducir
Terry Norris vs. Sugar Ray Leonard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina websugarrayleonard.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005145 TV.com: people/sugar-ray-leonard
Facebook: SugarRayLeonard6 Twitter: SUGARRAYLEONARD Instagram: sugarrayleonard Discogs: 4573470 Olympic.org: ray-charles-leonard Editar o valor em Wikidata

Ray Charles Leonard, nado en Wilmington (Carolina do Norte) o 7 de maio de 1956, máis coñecido como "Sugar" Ray Leonard, é un ex-boxeador, motivador e actor ocasional. Habitualmente considerado un dos grandes boxeadores de todos os tempos, competiu entre 1977 e 1997, gañando títulos mundiais e cinco categorías, o campionato lineal en tres categorías,[1] e o título en peso wélter sen disputar.[2] Leonard formou parte de "The Fabulous Four",[3] grupo de boxeadores que se enfrontaron entre eles na década de 1980, xunto con Roberto Durán, Thomas Hearns e Marvin Hagler.

"The Fabulous Four" crearon unha vaga de popularidade das clases máis lixeiras que loitaron na era posterior a Muhammad Ali, durante a que Leonard venceu a outros futuros membros do Salón da Fama Internacional do Boxeo como Hearns, Durán, Hagler e Wilfred Benítez.[4][5] Leonard foi tamén o primeiro boxeador que gañou máis de cen millóns de dólares e foi nomeado "Boxeador da Década" nos oitenta.[6] A revista The Ring considerouno loitador do ano en 1979 e 1981, mentres que a Boxing Writers Association of America (BWAA) lle deu o mesmo título en 1976, 1979 e 1981. En 2002, foi votado por The Ring como o noveno mellor boxeador dos últimos 80 anos;[7] BoxRec considerouno o 27.º maior boxeador, libra por libra.[8]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Obra humanitaria[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos, Leonard foi o director internacional da Juvenile Diabetes Research Foundation e está involucrado na consecución de fondos. Falou da carga da diabetes e da necesidade de continuar a achega de fondos para atopar unha cura.[9]

Leonard e a súa esposa, Bernadette, creou a Sugar Ray Leonard Foundation para apoiar a Juvenile Diabetes Research Foundation e o seu paseo anual por unha cura. En 2009, a fundación expandiuse para apoiar programas de axuda á xente a reconstruír as súas comunidades en dez cidades estadounidenses.

En 2007 recibiu o Ambassador Award of Excellence da LA Sports & Entertainment Commission en Riviera Country Club pola súa implicación na comunidade.[10]

Abusos[editar | editar a fonte]

Na súa autobiografía The Big Fight: My Life in and out of the Ring, publicada en xuño de 2011, Leonard revelou que cando era un boxeador mozo foi vítima de abuso sexual por parte dun adestrador olímpico, ademais doutro home, un patrocinador.[11] Dende entón fixo aparicións públicas para atraer a atención sobre os abusos sexuais aos menores e animando as vítimas a que informen dos abusos.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Lineal Boxing World Champions". Cyber Boxing Zone. 
  2. "Muhammad Ali, Sugar Ray Robinson and Sugar Ray Leonard lead the way". SkySports.com. 18 de agosto de 2005. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  3. Ross (21 de xaneiro de 2015). "The Fabulous Four – Hagler, Hearns, Duran, and Leonard". RossBoxing.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2018. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  4. "Sugar Ray was ring artist". Sports.espn.go.com. 11 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  5. "ESPN 50 Greatest Boxers of All Time". Sports.espn.go.com. 5 de novembro de 1994. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  6. "Mark Grossinger Etess Award". Boxrec.com. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  7. Eisele, Andrew. "Ring Magazine's 80 Best Fighters of the Last 80 Years". About.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  8. "Ratings". Boxrec.com. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  9. "Sugar Ray Leonard's Testimony before the Senate Committee on Homeland Security and Government Affairs". Jdrf.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  10. Galluzzo, Steve (15 de maio de 2007). "Pacific Palisades -- Palisades-Post". palisadespost.com. Pacific Palisades, California, USA: Pacific Palisades Post. Consultado o 21 de xullo de 2012. 
  11. In Book, Sugar Ray Leonard Says Coach Sexually Abused Him
  12. Iole, Kevin. Sugar Ray Leonard proves himself a beacon of strength in the fight against child sex abuse. Yahoo! Sports. 29 de outubro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]