Sturla Gunnarsson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1951 (72 anos) Reiquiavik, Islandia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá |
Educación | Universidade da Columbia Británica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Canadá |
Ocupación | director de cinema , produtor de cinema , realizador |
Empregador | National Film Board of Canada (pt) |
Sturla Gunnarsson, nado en Reiquiavik o 1 de xaneiro de 1951, é un director de cine islandés nacionalizado canadense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pese a que naceu en Islandia trasladouse con sete anos a Vancouver (Canadá) cos seus pais. Estudou na Universidade da Columbia Británica Literatura Inglesa e estudos de cinematografía, producindo a película A Day Much Like the Others, gañadora de importantes premios nos Festivais estudantis de cine do Canadá e Europa, tamén foi proxectada no Museo de Arte Moderna de Nova York.
Unha vez rematados os estudos trasladouse a Toronto para traballar no National Film Board (NFB). Co seu primeiro proxecto, After the Axe, recibiu o Premio da Academia á mellor produción de documentais. Dende entón gañou numerosos premios, como o Premio Emmy, Premio Genie e Premio Gemini
O seu documental sobre David Suzuki, Force of Nature, gañou o premio do público no Festival Internacional de Cine de Toronto en 2010[1].
Filmografía escollida[editar | editar a fonte]
- Such A Long Journey (1998)
- Rare Birds (2001)
- Gerrie & Louise (2004; documental)
- Beowulf e Grendel (2005)
- Force Of Nature (2010; documental)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfíl en IMDb (en inglés)
- Páxina oficial (en inglés)