Stjepan Filipović
Stjepan "Stevo" Filipović (alfabeto cirílico: Стјепан "Стево" Филиповић), nado o 27 de xaneiro de 1916 e asasinado o 22 de maio de 1942, foi un partisano iugoslavo que foi executado durante a II Guerra Mundial e postumamente declarado Heroe Popular de Iugoslavia.
Índice |
Traxectoria [editar]
Filipović naceu o 27 de xaneiro de 1916 en Opuzen (na actualidade parte de Croacia), nos derradeiros días do Imperio Austrohúngaro. Antes do comezo da II Guerra Mundial viviu en Mostar e Kragujevac, ámbalas dúas parte do Reino de Iugoslavia. Uniuse ó movemento obreiro en 1937, e ó Partido Comunista de Iugoslavia en 1940. Filipović foi arrestado en 1939 e sentenciado a un ano de prisión.
Filipović foi comandante da unidade partisana Tomnasko-Kolubarski en Valjevo no ano 1941. Foi capturado o 24 de febreiro de 1942 polas forzas do eixo e posteriormente aforcado en Valjevo (na Iugoslavia ocupada) o 22 de maio de 1942. Cando lle colgaron a soga ó redor do pescozo, Filipović ergueu os brazos e berrou "Morte ó fascismo, liberdade para a xente!", instando ó pobo iugoslavo a non deixar de amosar resistencia. Nese intre tomouse a coñecida fotografía[1], na cal se baseou a escultura na súa honra, na cidade de Valjevo[2].
Filipović foi declarado Heroe Popular de Iugoslavia o 14 de nadal de 1949[3].
Notas [editar]
- ↑ A imaxe de Filipović, intres antes de que un nazi dera unha patada á banqueta.
- ↑ Sinclair, Upton; Sagarin, Edward; Teichnerhe, Albert; Cry for Justice: An Anthology of the Literature of Social Protest, p. 438; L. Stuart, 1963.
- ↑ Burns, Richard; The Blue Butterfly: Selected Writings, p. 144; Salt, 2006, ISBN 1-84471-258-3.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Filipović Avrama Stjepan, Narodni heroji Jugoslavije (en serbo-croata).