Stephen R. Donaldson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stephen R. Donaldson

Stephen Reeder Donaldson, nado en 1947 en Cleveland, é un escritor de fantasía e ficción científica norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun médico misioneiro, viviu entre os catro e os dezasete anos na India, onde o seu pai traballaba nunha leprosería, declarouse obxector de conciencia durante a Guerra de Vietnam
Comparado con Tolkien polo súa magnífica construción de mundos e culturas, tamén o influíron autores como William Shakespeare, Mervyn Peake ou mesmo as óperas de Richard Wagner.
As tres series de Thomas Covenant son o maior éxito de Donaldson, a primeira novela da serie, Lord Foul's Bane, apareceu en 1977.