Stephanie Okereke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStephanie Okereke

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Stephanie Okereke Linus Editar o valor em Wikidata
2 de outubro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Estado de Imo, Nixeria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNixeria Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Cinema de Nova York
University of Calabar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTheater arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , modelo , directora de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa, Lingua ibo e pidgin nixeriano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webstephanieokereke.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1760384 Allmovie: p616581 Editar o valor em Wikidata

Stephanie Onyekachi Okereke, nada en 1982 en Ngor-Okpala, Estado de Imo é unha actriz, directora de cinema e modelo nixeriana. Ó longo da súa traxectoria recibiu numerosos recoñecementos e premios polo seu traballo como actriz.

Biografía[editar | editar a fonte]

Stephanie Okereke naceu no Estado de Imo, en Nixeria. Ela é a sexta de oito irmáns. Completou a súa escola primaria e secundaria en "Delta State" antes de ir á Universidade de Calabar, onde se graduou cunha licenciatura en Inglés e Literatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa durante a súa adolescencia, en 1997, protagonizou dous filmes de Nollywood, Compromise 2 e Waterloo. No 2002 acadou o segundo posto nun concurso de beleza en Nixeria. Un ano máis tarde, en 2003, recibiu dous premios como Mellor Actriz do ano 2003 e como Mellor Actriz en Inglés. Tras graduarse na "New York Film Academy" en 2007, Okereke lanzou o filme Through the Glass no que participou como directora, guionista, produtora e actriz. O filme recibiu un "African Movie Academy Award" por Mellor Guión en 2009. Okereke xa actuou en máis de 90 filmes.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Okereke estivo casada cun ex xogador de fútbol americano en agosto de 2004. O casamento foi disolto oficialmente en xaneiro de 2007. En abril de 2005, no seu camiño para a "African Movie Academy Awards", realizada en Yenagoa, Estado de Bayelsa, en Nixeria, Okereke estivo implicada nun grave accidente de coche que a deixou con queimaduras por todo o corpo e unha perna rota. Axiña se recuperou do accidente e volveu a actuar.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1997 Compromise 2
Waterloo
2002 Pretender con Patience Ozokwor e Tony Umez
Blind Justice con Tony Umez
2003 Aristos
Emotional Crack con Ramsey Nouah, Dakore Egbuson e Patience Ozokwor
Genesis of Love
Private Sin con Genevieve Nnaji, Richard Mofe Damijo e Patience Ozokwor
Queen Sheba
The Cross of Love con Patience Ozokwor
Together as One
2004 Beautiful Faces con Ini Edo
Critical Decision con Genevieve Nnaji, Richard Mofe Damijo e Mike Ezuruonye
Deep Loss con Desmond Elliot
Diamond Lady: The Business Woman
Dream Lover Benita
Eye of the Gods con Ini Edo
In the Name of Love con Desmond Elliot
Last Girl Standing
Magic Moment Stephine Okereke con Desmond Elliot
Mama-G in America con Patience Ozokwor
Miss Nigeria
More Than a Woman
My Mother My Marriage
Official Romance con Zack Orji
Promise & Fail con Desmond Elliot
Promise Me Forever con Genevieve Nnaji
Right Man for Me con Tony Umez
Sensational Spy
Strength of a Woman
To Love Again
Virgins Night Out
Working Class Lady con Rita Dominic
2005 A Time to Die
Days of Bondage Lucia
Guys on the Line con Rita Dominic
Lonely Hearts con Ini Edo
Ola... the Morning Sun con Pete Edochie
Omalinze Adaugo con Onyeka Onwenu
Price of Ignorance con Pete Edochie
Princess of Wealth
Royal Battle
Street Fame
Windfall
Woman on Top
2006 Behind the Plot con Desmond Elliot
Daytime Lovers Binta con Tony Umez
Efficacy con Desmond Elliot
Shut In
Sitanda dirixida por Izu Ojukwu, este filme recibiu nove nomeamentos e gañou 5 premios no 3rd African Movie Academy Awards en 2007, incluíndo Mellor Fotografía e Mellor Filme de Nixeria.[1]
The Law Students
The Preacher
Upside Down con Patience Ozokwor e Tony Umez
2007 A Time to Love Hope con Desmond Elliot
Governor's Wife con Ramsey Nouah
2008 Mission to Nowhere
Hidden Treasure Nadine con Ramsey Nouah, Nadia Buari e Olu Jacobs
Through the Glass Ada con Garrett McKechnie, Christy Williams e Pascal Atuma
2009 Nnenda este filme, dirixido por Izu Ojukwu, recibiu tres nomeamentos no African Movie Academy Awards no 2010, incluíndo o nomeamento ó Heart of Africa[2]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2002: Muller máis fermosa de Nixeria, Segundo posto
  • 2003: What a Year Award á Mellor Actriz
  • 2003: Reel Award á Mellor Actriz - Inglés e Mellor Actriz do ano
  • 2004: Afro-Dublin Award á Mellor Actriz Secundaria
  • 2004: Film Makers of Nigeria, Premio á Excelencia
  • 2005: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada
  • 2006: Afro Hollywood Award á Mellor Actriz
  • 2009: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada
  • 2010: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "AMAA 2007: List of Nominees and Winners". African Movie Academy Awards. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 17 October 2010. 
  2. "The 2010 African Movie Academy Awards: Winners, Re-Cap, Dresses". New York, NY, USA: MTV Networks a division of Viacom International Inc. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2010. Consultado o 17 October 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]