Son Trío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Son Trío
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2018-Presente
MembrosSu Garrido Pombo, Susanna Blanco, Katerina Linke
Na rede
www.sontrio.eu

Son Trío é un grupo independente de música galego formado en 2018 por Su Garrido Pombo, Susanna Blanco e Katerina Linke. Interpretan xeralmente cancións con composicións propias de Katerina sobre versos de poetas galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres e outros, ademais de tocar ás veces tamén adaptacións de temas populares galegos.

A súa instrumentación habitual está baseada en instrumentos clásicos como o piano e o cello, pero cun estilo actual, coa voz tamén de Su Garrido Pombo, que se move entre estilos como o folk, bossa ou jazz.

Miña almiña[editar | editar a fonte]

Entre finais do ano 2019 e principios de 2020 autoeditan en formato físico e para plataformas dixitais o seu primeiro traballo discográfico, que gravan en Vila Angelina coa produción artística de Gonso Pedrido.

O traballo está composto por nove cancións con música orixinal sobre letras do poemario Follas novas de Rosalía de Castro.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Miña almiña (2019)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]