Skellefteå AIK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skellefteå AIK
Hadelöv Andreas Skellefteå AIK.jpg
Fundado en 1921
Sede Skellefteå,
Västerbotten län vapen.svg Västerbotten
Flag of Sweden.svg Suecia
Cancha Skellefteå Kraft Arena
(6.001 espectadores)
Cores Azul, branco e amarelo
           
Liga SHL
Campionatos 2
Adestrador Flag of Sweden.svg Anders Forsberg
Director Per-Anders Israelsson
Sitio Web http://www.skellefteaaik.se/

O Skellefteå allmänna idrottsklubb, máis coñecido como Skellefteå AIK, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Skellefteå (Suecia). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL, competición que gañou na tempada 1977-78. Xoga os seus partidos como local no Skellefteå Kraft Arena, un pavillón con capacidade para 6.001 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Skelleftå AIK (SAIK) foi fundado en 1921, sen embargo non comezou a práctica do hóckey sobre xeo ata 1943, con partidos de adestramento. A evidente similitude co club sueco AIK é doada de explicar, xa que daquela o AIK era un club moi popular en Suecia e con moitos seareiros, incluídos os fundadores do SAIK, que elixiron un nome similar, cores e emblema. Na tempada 1943-44 o club xogou na liga local Skellefteserien, que non finalizou debido a causas climatolóxicas que impediron que os partidos se disputaran ao aire libre. En 1985 a organización do club de hóckey separouse e creou un club de hóckey denominadoSkellefteå AIK.

En 1955 o SAIK clasificouse para desputar a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco. Por esa data o equipo era dirixido pola chamada Liña do Mosquito, integrada por Anders "Akka" Andersson, "Garvis" Määttä e Kalle Hedlund. Na tempada 1957-58 gañou o grupo norte da Hockeyallsvenskan e finalmente rematou segundo na SM-serien, só superado polo campión Djurgårdens IF. SAIK xogou posteriormente na Division 1 Norte ata 1967. O club tivo dificultades para clasificarse para continuar xogando na Division 1, mais en 1975 gañou as series e logo finalizou na cuarta posición da SM-serien. Cando a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco se creou baixo o nome de SHL en 1975, o SAIK foi un dos equipos participantes.

Na liga regular da tempada 1977-78, Martin Karlsson liderou a liga en goles e puntos, mentres que Hardy Nilsson foi o xogador máis penalizado da liga. O SAIK gañou os playoffs polo título liderados por Göran Lindblom (cinco goles e catro asistencias en cinco partidos), converténdose nos campións suecos en 1978, e en 1981 converteuse en campión da liga regular.

En 1989 o SAIK descendeu, mais tras xogar 16 tempadas na segunda categoría (a Hockey Allsvenskan), o SAIK clasificouse nóvamente para xogar na máxima categoría, xogando na Elitserien dende a tempada 200607.

Na súa primeira tempada logo de retornar á máxima categoría, o Skellefteå AIK converteuse no mellor debutante da Elitserien con 73 puntos en 55 partidos. Nun momento da tempada 2001-08 chegou a liderar a liga por primeira vez en 30 anos e clasificouse para os playoffs por primeira vez dende 1981 tras rematar oitavo. Nos cuartos de final o Skellefteå caeu derrotado fronte ao que sería campión ese ano, o HV71, por 4 partidos a un. Ao final da tempada 2008-09 clasificouse nóvamente para os playoffs, derrotando nos cuartos de final ao Linköpings HC en 7 partidos, remontando un 1-3 inivial para rematar gañando por 4-3. No séptimo partido, Skellefteå gañou o partido no tempo extra, que se fora ao sexto período (converténdose así no terceiro partido máis longo da historia da Elitserien) cun gol de Kimmo Koskenkorva. Nas semifinais o Skellefteå caeu en catro partidos fronte ao Färjestad BK, que finalmente se convertiría en campión.

A tempada seguinte, o SAIK enfrontouse ao Färjestad nos playoffs de novo, desta vez nos cuartos de final. O Skellefteå gañou a serie en sete partidos e pasou a enfrontarse ao HV71, que gañou en cinco partidos para finalmente converterse nóvamente en campións no 2010.

Skellefteå contou coas tres máximos goleadores da liga nas tempadas 2010–11Joakim Lindström, Mikko Lehtonen e David Rundblad. Nos playoffs o Skellefteå chegou ás finais por primeira vez en 33 anos, mais caeu en cinco partidos fronte ao Färjestad.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]