Djurgårdens IF Hockey
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1922 | |
| Sede | ||
| Cancha | Hovet (8.094 espectadores) |
|
| Cores | Amarelo, vermello e azul |
|
| Liga | HockeyAllsvenskan | |
| Campionatos | 6 (na Elitserien) | |
| Adestrador | ||
| Director | ||
| Propietario | ||
| Sitio Web | http://www.difhockey.se/ | |
O Djurgården Hockey é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Stockholm (Suecia). Foi fundado en 1922 coa axuda de Wilhelm Arwe, e desde aquela converteuse no equipo máis laureado de Suecia, gañando a Liga en 16 ocasións, se ben dende que esta pasou á denominación de Elitserien (1975) tan só puido facerse con 6 títulos, estando por detrás do Färjestad BK con 9 e empatado co Brynäs IF, tamén se proclamou campión europeo en dúas ocasións )1991 e 1992). Deste equipo sairon algúns dos mellores xogadores suecos deste deporte. Actualmente participa na HockeyAllsvenskan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo en Suecia. Xoga os seus partidos como local no Hovet un estadio con capacidade para 8.094 espectadores.
Índice |
Palmarés [editar]
- 16 Le Mat Trophy: 1926, 1950, 1954, 1955, 1958, 1959, 1950, 1961, 1962, 1963, 1983, 1989, 1990, 1991, 2000, 2001
- 2 European Cup: 1991, 1992
Xogadores [editar]
Númros retirados [editar]
- 2 Roland Stoltz
- 5 Sven Tumba
- 11 Jens Öhling
- 12 Lasse Björn
- 22 Håkan Södergren
- 27 Thomas Eriksson