Sistema MKS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O MKS, Sistema Metro, Kilogramo, Segundo ou Sistema Métrico Decimal, foi un sistema de unidades antecesor do SI (Sistema Internacional de Unidades) basado nas tres unidades de lonxitude (metro), masa (quilogramo, kg) e tempo (segundo). Na actualidade seguen a usarse as súas unidades básicas baixo o epígrafe do Sistema Internacional.